Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de aclaración de sentenza (PO 433/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 433/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Serxio Gómez Recouso contra ALN Telemark, S.L., administrador concursal de ALN Telemark, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto

A Coruña, 27 de marzo de 2019

Parte dispositiva

– É procedente o complemento de sentenza solicitado no senso exposto na fundamentación xurídica desta resolución:

Debe completarse a parte dispositiva ditada cun novo parágrafo que segue o xa ditado:

“O Fogasa e a administración concursal de ALN Telemark, S.L. (hoxe ALN Telemarketing BPO, S.L.) deben pasar polo na presente resolución”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino»

E para que sirva de notificación en legal forma a ALN Telemark, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza