Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (685/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administracion de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe y certifico que neste xulgado se seguen autos número 685/2018 por instancia de Filomena Ferreiro Núñez contra Muñeca Tendencias, S.L. e Creaciones Marijose, S.L., sobre DSP, en que recaeu sentenza en data do 20 de febreiro de 2019 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido

Estímase parcialmente a demanda formulada por Filomena Ferreiro Núñez fronte a Creaciones Marijose, S.L. e Muñecas Tendencias, S.L., estimándose a excepción de falta de lexitimación pasiva oposta por esta última e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Creaciones Marijose, S.L., á demandante.

– Absólvese a Muñecas Tendencias, S.L., das pretensións fronte a ela exercitadas.

– Condénase a Creaciones Marijose, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.442,10 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 34,96 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Creaciones Marijose, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza