Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (970/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 970/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Javier García Calvo contra Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade nº 970/2016.

Demandante: Javier García Calvo.

Letrado: Sr. Señaris Veiras.

Demandado: Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Decido:

Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Javier García Calvo fronte á empresa Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 2.920,68 euros polos conceptos expostos así como xuros do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso algún.

Así o pronuncio, o mando e o asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza