Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 965/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 965/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Vázquez Campos contra Construciones Vieiro 13, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Reclamación de cantidade nº 9765/2016.

Demandante: Antonio Vázquez Campos

Letrado: Sr. Páramo Sureda

Demandado: Construcciones Vieiro 13, S.L.

Letrado: Fogasa

Decido:

– Estimar a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Antonio Vázquez Campos contra a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 2.905,47 euros polos conceptos expostos, así como xuro do art. 29.3 ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza