Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 870/2018).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 870/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Lago Cambeiro contra Fondo de Garantía Salarial, Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L. e administración concursal de Graíño y Freire Abogados, S.L.P., sobre despedimento, se ditou a Resolución do 5 de abril de 2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza