Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 937/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 937/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Alejandra Acosta Hernández contra Novo Pelamios, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 5 de abril de 2019 contra a cal non cabe interpor recurso por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Novo Pelamios, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza