Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20650

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 44/2019, do 4 de abril, polo que se aproba o Plan de conservación do espazo privado de interese natural Os Lagos de Lousada, no concello de Xermade.

A Constitución española de 1978 recoñece, no seu artigo 45.1, o dereito a desfrutar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de o conservar e, no artigo 149.1.23º, faculta as comunidades autónomas para estableceren normas adicionais de protección e da paisaxe, competencia exclusiva que se recolle no artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia. Así, as competencias en materia de conservación da natureza foron asumidas pola Xunta de Galicia a través do Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, de ampliación e adaptación de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e o Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural, regulan a figura de espazo privado de interese natural (en diante EPIN) establecendo a posibilidade de que as institucións e as persoas propietarias particulares dos terreos en que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestres cuxa protección se considere de interese, poidan propoñer á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a súa declaración como EPIN.

Mediante a Orde do 2 de novembro de 2017 declarouse, de xeito provisional, o EPIN Os Lagos de Lousada, localizado no concello de Xermade (DOG núm. 218, do 16 de novembro), por proposta de Fernando Lías Rodríguez e María Lires Blanco, persoas propietarias acreditadas dos predios e as responsables da súa xestión. O expediente conta cunha memoria técnica que acredita que a paraxe posúe valores singulares e reúne as condicións adecuadas para ser declarada espazo natural protexido e axústase aos contidos establecidos no artigo 3.3 do Decreto 124/2005, do 6 de maio. O expediente de declaración conta, ademais, co compromiso formal de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais.

A parcela posúe uns valores singulares respecto á hidroloxía, derivados da presenza de antigas explotacións mineiras que deron lugar á creación de dous lagos e unha lagoa permanentes. Os lagos contan cunha superficie de arredor de 15.000 m² e a lagoa cunha superficie aproximada 1.500 m² e son os principais elementos de interese da zona. O leito permanente do rego Millarramos, afluente de cabeceira do río Miño, atravesa a parcela e nutre as lagoas, polo que parte do ámbito proposto forma parte do dominio público hidráulico xestionado pola Demarcación Hidrográfica Miño-Sil.

Estes lagos poden considerarse como un dos principais valores deste espazo, a cal dan nome (Os Lagos de Lousada). Constitúen importantes puntos de auga (bebedoiros) para a fauna do contorno próximo, con notables poboacións de insectos e anfibios, que forman parte do Inventario galego de zonas húmidas. O EPIN tamén garda relación coa reserva da biosfera Terras do Miño ao estar integrado no seu ámbito territorial.

Durante a declaración provisional, e como requisito imprescindible para a súa declaración definitiva, as persoas promotoras debían presentar ante a consellería competente unha proposta adecuada de plan de conservación do espazo, o que realizaron o día 14 de xuño de 2017.

En virtude do establecido nos artigos 40 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, e 41.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, o 30.11.2017 iniciouse o procedemento para a formulación e aprobación do plan por decreto do Consello da Xunta de Galicia.

O documento base de plan de conservación presentado, logo de ser emendado e completado, cumpre coa finalidade de adecuar a xestión do EPIN aos principios inspiradores sinalados no artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e conta cos contidos mínimos referidos no artigo 20 desa lei e no 38 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, e desenvolvidos polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, que regula a declaración dos espazos naturais de interese local e os espazos privados de interese natural.

O conxunto documental que constitúe o plan consta dos documentos seguintes: unha memoria, que é o documento en que se recollen a delimitación territorial do plan (artigo 38.1 da Lei 9/2001, do 21 de agosto), a identificación dos valores naturais que hai que protexer e mais os posibles riscos que poidan afectalos (artigo 38.2 da Lei 9/2001, do 21 de agosto), así como a parte normativa e de programación que establece, para o ámbito, os principios inspiradores e criterios para a xestión dos recursos naturais (artigo 16 da Lei 9/2001, do 21 de agosto), as normas de uso e aproveitamento do solo e dos recursos naturais (artigo 38.3 da Lei 9/2001, do 21 de agosto), as normas relativas ao uso público e as liñas de actuación necesarias para a consecución dos obxectivos da planificación do EPIN (artigo 38.4 da Lei 9/2001, do 21 de agosto), xunto cunha memoria económica acerca dos custos necesarios para a súa aplicación.

O documento base do plan someteuse a participación pública o 20.12.2017, de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, que regula o dereito de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na súa elaboración.

O expediente conta cos informes de igualdade, sustentabilidade económica e do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo. Tamén foi solicitado o informe á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e remitiuse o expediente, completo, ao Concello de Xermade durante o trámite de información pública e audiencia.

A publicidade do Plan de conservación do EPIN Os Lagos de Lousada materializouse o 22.11.2018 a través da súa publicación formal no Diario Oficial de Galicia. No trámite de audiencia ás persoas interesadas aceptáronse as alegacións da asociación ecoloxista Arco Iris, que permitiron completar o proxecto de decreto cos posibles riscos de afección aos valores naturais.

Mediante Orde do 28 de marzo de 2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda declarouse, de xeito definitivo, como espazo privado de interese natural o espazo Os Lagos de Lousada, no concello de Xermade.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación do plan de conservación

1. Apróbase o Plan de conservación do EPIN Os Lagos de Lousada recollido no anexo I deste decreto, co ámbito, finalidade e valores naturais incluídos na memoria e coas normas, obxectivos de conservación e medidas establecidas no apartado de normativa e programación.

2. O ámbito territorial de aplicación do plan de conservación coincide coa extensión e os límites cartografados e coas coordenadas establecidas no anexo II. O EPIN atópase no termo municipal de Xermade, provincia de Lugo, e conta cunha superficie de 41,7 ha.

3. O plan estará á disposición da cidadanía na web que as persoas promotoras e xestoras do EPIN habiliten, e poderase solicitar no seguinte enderezo electrónico:

fernando.lias@yahoo.es

Disposición adicional. Revisión do Plan xeral de ordenación municipal

Establécese un prazo de 18 meses para que o Concello de Xermade inicie o procedemento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal (en diante PXOM), aprobado definitivamente o 24.4.2009, co fin de introducir e aprobar as modificacións necesaria para adaptar os aspectos incompatibles con este plan. En particular, deberase recoller a aplicación do réxime de solo rústico de protección de espazos naturais para todo o ámbito, así como os usos admisibles asociados a este tipo de solo rústico.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da consellería competente en materia de ambiente para ditar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Plan de conservación do EPIN Os Lagos de Lousada

Memoria

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Ámbito territorial e delimitación

1. O ámbito territorial de aplicación do plan de conservación coincide coa extensión e límites cartografados do EPIN Os Lagos de Lousada e coas coordenadas establecidas no anexo II deste decreto. Está constituído pola parcela con referencia catastral 27021A020001740000QQ, localizada no polígono 20, parcela 174 do concello de Xermade (Lugo), na parroquia de Lousada, lugar do Muíño Novo, e cínguese ao ámbito formalmente definido polo Acordo de alteración catastral da Xerencia Territorial do Catastro de Lugo (expediente 00113864.27/13).

2. Localízase na folla 23-III da cartografía 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional, no termo municipal de Xermade, provincia de Lugo, e conta cunha superficie de 41,7 ha.

3. Os seus límites son os seguintes:

Sur e leste: polígono 20 parcela 9014 (CP 22-6 de Roupar a Vilapedre. Base cartográfica PNOA2014, cedido por © Instituto Xeográfico Nacional, Xunta de Galicia).

Norte: polígono 20, parcelas 175, 199 e 9002.

Oeste: polígono 20, parcelas 114, 196, 104, 89, 91, 92, 90, 87, 76, 9510, 9001, 75, 74, 72, 71, 70, 69, 68, 67, 60, 59, 58 e 57.

Artigo 2. Finalidade do plan e principios inspiradores da xestión

1. Este plan de conservación ten como finalidade establecer un modelo de xestión que contribúa a alcanzar os obxectivos de conservación do EPIN Os Lagos de Lousada, de acordo cos criterios establecidos nas normativas que rexen a xestión dos espazos naturais e da biodiversidade.

2. De conformidade co artigo 16 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, os recursos naturais e os espazos naturais protexibles serán obxecto de planificación coa finalidade de adecuar a xestión aos principios inspiradores sinalados no artigo 2 da lei. Neste senso, a programación de actuacións do EPIN considerará, polo menos:

a) O mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, apoiando os servizos dos ecosistemas para o benestar humano.

b) A conservación e a restauración da biodiversidade e da xeodiversidade.

c) A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sustentable do patrimonio natural, en particular das especies e dos ecosistemas, a súa conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade.

d) A conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe.

e) A integración dos requisitos da conservación, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade nas políticas sectoriais e, en particular, na toma de decisións no ámbito político, económico e social, así como a participación xusta e equitativa na repartición de beneficios que deriven da utilización dos recursos xenéticos.

f) A prioridade da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos da devandita prioridade.

g) A precaución nas intervencións que poidan afectar espazos naturais ou especies silvestres.

h) A garantía da información á cidadanía e concienciación sobre a importancia da biodiversidade, así como a súa participación no deseño e execución das políticas públicas, incluída a elaboración de disposicións de carácter xeral, dirixidas á consecución dos obxectivos desta lei.

i) A prevención dos problemas emerxentes consecuencia do cambio climático, a mitigación e adaptación a este, así como a loita contra os seus efectos adversos.

j) A contribución dos procesos de mellora na sustentabilidade do desenvolvemento asociados a espazos naturais ou seminaturais.

k) A participación das persoas habitantes e propietarias dos territorios incluídos en espazos protexidos nas actividades coherentes coa conservación do patrimonio natural e da biodiversidade que se desenvolvan nos devanditos espazos e nos beneficios que deriven delas.

3. Así mesmo, en virtude do artigo 37 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, o plan de conservación establecerá o réxime de usos e actividades permisibles, así como as limitacións que se consideren necesarias para a conservación do espazo.

Artigo 3. Efectos

1. De conformidade co disposto na Orde do 28 de marzo de 2019 declarativa do EPIN de xeito definitivo:

a) De acordo co artigo 34.2.f) e 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ao ámbito do EPIN correspóndelle o réxime de solo rústico de protección de espazos naturais, así como os usos admisibles asociados a este. Tamén lle resultará de aplicación o réxime xurídico de solo rústico de protección de augas.

b) A zona obxecto desa declaración contén terreos clasificados como dominio público hidráulico. A declaración como EPIN non implicará a cesión do dominio público nin a súa utilización significará a cesión das facultades demaniais do Estado.

c) O plan de conservación considera e na xestión do espazo natural se terá en conta a planificación hidrolóxica da demarcación hidrográfica Miño-Sil existente na bacía a que pertence o rego Millarramo. Así mesmo, á hora de establecer as directrices de xestión para os recursos naturais de Os Lagos de Lousada terase en consideración que:

– En calquera caso, o réxime de autorizacións e concesións será o recollido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas e no Regulamento do dominio público hidráulico (en diante DPH).

– A apertura de camiños e movemento de terras, incluso as vías de saca no DPH e na súa zona de policía, requirirán de autorización previa do organismo de bacía.

– Respecto das normas de uso do solo rústico de protección de augas, en relación coas actividades de tempo libre, observarase o disposto no artigo 82 do Regulamento do dominio público hidráulico cando se trate de acampadas colectivas.

– O peche ou valamento de leiras non poderá afectar a zona de servidume para o uso público.

2. Conforme o artigo 39 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, as previsións deste plan de conservación serán vinculantes tanto para as administracións públicas como para as persoas particulares, prevalecerán sobre a planificación urbanística e a súa aprobación levará unida a revisión dos plans territoriais e sectoriais incompatibles.

Neste senso, o réxime xurídico aplicable ao solo será o de solo rústico de protección de espazos naturais para todo o ámbito, así como os usos admisibles asociados a este tipo de solo rústico, aplicable desde a publicación da Orde do 2 de novembro de 2017, declarativa do EPIN, así como o de solo rústico de protección de augas nos terreos definidos como DPH na respectiva lexislación sectorial e nas súas zonas de policía e nas zonas de fluxo preferente.

CAPÍTULO II

Valores naturais do espazo e factores de risco

Artigo 4. Identificación dos valores naturais que hai que conservar

1. A parcela posúe uns valores singulares respecto da hidroloxía, derivados da presenza de antigas explotacións mineiras que deron lugar á creación de dous lagos e unha lagoa permanentes. Os lagos contan cunha superficie que rolda os 15.000 m² cada un e unha lagoa duns 1.500 m² e son os principais elementos da zona. O leito permanente do rego Millarramos, afluente de cabeceira do río Miño, atravesa a parcela e nutre os lagos, polo que parte do ámbito proposto forma parte do DPH xestionado pola Demarcación Hidrográfica Miño-Sil.

Estes lagos poden considerarse como un dos principais valores deste espazo a cal dan nome (Os Lagos de Lousada). Constitúen importantes puntos de auga para a fauna, con notables poboacións de insectos e anfibios e forman parte do Inventario galego de zonas húmidas. O EPIN tamén garda relación coa reserva da biosfera Terras do Miño, ao estar integrado no seu ámbito territorial.

O hábitat principal fórmano queirogais higrófilos de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020*) en cobertura densa (75-100 %) e presenta, no perímetro dos lagos, vexetación turfófila asociada aos hábitats 3160 e 7110, tamén en cobertura densa. No regato e lagos obsérvanse formacións herbáceas con Nardus (6230).

2. Calidade do aire ambiente.

Relativamente a este factor, cabe destacar a boa calidade do aire da zona, ante a ausencia de grandes instalacións industriais e grandes vías de comunicación, o que, unido á abundante cobertoira vexetal, outorgan a esta zona unha calidade atmosférica boa.

Así mesmo, esta distancia a instalacións industriais, grandes núcleos de poboación e grandes vías de comunicación dá lugar a unha elevada calidade acústica na contorna, sen ruídos puntuais nin perturbacións acústicas periódicas ou regulares.

3. Hidroloxía.

A parcela obxecto do EPIN posúe uns valores singulares respecto da hidroloxía derivados das antigas explotacións mineiras que nesta zona existiron e que deron lugar á creación de dous lagos e unha lagoa. Esta terceira lagoa non presenta grande interese, mentres que os dous lagos son os principais elementos de interese da zona. Trátase de tres masas de auga cunha certa compoñente endorreica dada a súa orixe antrópica.

Ademais, estes lagos constitúense en importantes puntos de auga para a fauna local, así como zonas de descanso para aves migratorias, especialmente insectívoras, que poden atopar nestes lagos unhas notables poboacións de insectos que lles sirvan como fonte de enerxía para continuar as súas rutas migratorias.

4. Xeoloxía.

Xeoloxicamente, a parcela obxecto de EPIN tamén presenta certa singularidade, debido a que os seus materiais litolóxicos están compostos por areas e arxilas lacustres; como formación independente (bacía illada) da matriz xeolóxica da contorna, composta principalmente de cuarcitas e cuarzo-xistos, dentro do dominio do domo de Lugo, tal e como se observa no mapa xeolóxico nacional.

5. Topografía.

Respecto da topografía da parcela, a zona presenta unhas altitudes comprendidas entre os 480-485 m nas súas partes máis baixas situadas ao noroeste, e os 540-545 m das súas cotas máis altas situadas ao leste; cunha variación altitudinal duns 60 m.

Doutra banda, na transición entre a parte oriental e occidental é onde se observan pendentes máis fortes, que chegan a superar o 27 % nalgúns lugares concretos.

Estas diferentes altitudes e pendentes outorgan un certo valor paisaxístico á parcela, xa que se trata dun relevo lixeiramente marcado que contrasta coas características terras chairas (Terra Chá) da rexión.

6. Flora e vexetación.

En canto ás unidades de vexetación e taxons de flora de interese presentes na parcela, as principais unidades de vexetación identificadas son as seguintes:

– Bidueirais: 47.478 m².

– Augas libres: 34.331 m².

– Terreo pantanoso: 340 m².

– Queirogal higrófilo: 543 m².

– Helófitos: 455 m².

– Xunqueiras: 1.960 m².

– Pradarías: 8.420 m².

– Toxeira-piorneira: 29.279 m².

– Vexetación acuática: 6.762 m².

– Silveiras e fentos: 10.847 m².

– Zonas antropizadas: 12.925 m².

7. Hábitats de interese.

Existen polígonos que conteñen hábitats de interese comunitario na parcela obxecto de EPIN:

– Pradarías anfibias ananas de xuncos de espiga.

– Pradarías ananas empozadas de espiga de auga.

– Comunidades de auga doce de Potamogeton natans.

– Comunidades de auga doce de Myriophyllum.

– Comunidades de auga doce de Utricularia gibba e U. australis.

8. Fauna.

a) Anfibios:

– Ra patilonga (Ra Iberica).

– Píntega común (Salamadra pintega).

– Ra de Santo Antón (Hyla arborea).

b) Peixes:

– Troita común (Salmo trutta).

c) Aves:

– Tartaraña cincenta (Circus pygargus).

– Tartaraña azulada (Circus cyaneus).

d) Mamíferos:

– Morcego de orellas fendidas (Myotis myotis).

– Morcego de ferradura (Rhinolopus euryale).

– Corzo (Capreolus capreolus).

– Raposo (Vulpes vulpes).

– Xabaril (Sus scrofa).

e) Invertebrados:

– Cervo voador (Lucanus cervus).

– Caracol de Quimper (Elona quimperiana).

– Bolboreta doncela da madresilva (Euphydras aurinia).

9. Patrimonio histórico-artístico.

No relativo ao patrimonio artístico, consultado o PXOM do Concello de Xermade (Lugo), aprobado o 29.4.2003, en concreto o Catálogo de protección de patrimonio histórico-artístico, arquitectónico, etnográfico e cultural, obsérvase a presenza dun ben inventariado que limita a parcela, relativo ao megalitismo, tratándose das medoñas de Monte Carbueiro (lugar do Muíño Novo). A zona de respecto de devandito ben coincidiría parcialmente coa parcela obxecto de EPIN.

Artigo 5. Identificación dos factores de risco que poidan afectar os seus valores naturais

1. Afeccións sobre os queirogais higrófilos de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020*) e, no perímetro dos lagos, sobre a vexetación turfófila asociada aos hábitats 3160 e 7110, sangrados ou equivalentes, que poidan levar consigo unha alteración apreciable da estrutura composición e funcionalidade dos ecosistemas ou modificar as condicións de asolagamento e de acidez destes hábitats.

2. As verteduras e afeccións sobre a calidade da auga, tanto superficial como subterránea, así como a alteración de marxes e ribeiras, da integridade dos valores hidrolóxicos e do réxime de caudais.

3. A introdución de especies exóticas invasoras que poidan restar naturalidade á vexetación actual ou inducir perda de habitabilidade do lugar para a fauna silvestre.

4. As alteracións da cobertoira vexetal derivadas da propagación de incendios forestais que poidan afectar a riqueza ambiental e paisaxística do EPIN ou aquelas outras alteracións da cobertoira vexetal que poidan repercutir negativamente na protección dos solos fronte á erosión superficial, a regulación hídrica ou afectar os valores paisaxísticos.

5. Risco de degradación dos recursos bióticos e abióticos cando as actividades de uso público (turísticas, deportivas, recreativas ou educativas) non se desenvolvan de maneira ordenada, debendo considerarse e xestionarse a posible xeración de residuos.

6. Risco de afeccións ao patrimonio cultural, aos xacementos arqueolóxicos e elementos histórico-artísticos.

Normativa e programación

CAPÍTULO III

Obxectivos de conservación

Artigo 6. Obxectivos de conservación

1. A declaración de EPIN Os Lagos de Lousada establécese coa finalidade de crear un réxime de protección deste espazo natural mediante directrices de xestión adecuadas, harmonizándoo co exercicio dos dereitos privados, co goce e visita ao espazo natural, o estudo e contemplación dos seus valores, o aproveitamento ordenado das súas producións e demais actividades que se executen dentro del. Neste contexto, o plan de conservación ten como obxectivos:

a) Como obxectivo prioritario, manter e mellorar a integridade dos valores xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, biolóxicos e histórico-culturais do EPIN e os servizos ecosistémicos que estes prestan á sociedade. Prestarase unha atención especial aos principais hábitats presentes, formados por queirogais higrófilos de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020) en cobertura densa (75-100 %) e, no perímetro dos lagos, á vexetación turfófila asociada aos hábitats 3160 e 7110, tamén en cobertura densa. No regato e lagos obsérvanse tamén formacións herbáceas con Nardus (6230).

b) Garantir a persistencia dos recursos xenéticos máis significativos, especialmente aqueles que están considerados como endemismos, comunidades singulares ou especies sometidas a algún grao de ameaza.

c) Potenciar a investigación para un mellor coñecemento dos valores do EPIN, de maneira que isto contribúa a mellorar a xestión.

d) Proporcionar formas de uso e goce do EPIN para o público en xeral, de maneira compatible coa conservación dos recursos.

e) Facilitar o desenvolvemento de actividades de educación ambiental, con obxecto de informar o público dos valores ecolóxicos do EPIN, para promover o seu entendemento e interpretación, así como o seu coidado e respecto.

f) Facilitar o desenvolvemento sustentable como corresponde ao estar o EPIN no ámbito da reserva da biosfera Terras do Miño.

CAPÍTULO IV

Zonificación

Artigo 7. Zonificación

Tendo en conta que o EPIN se atopa no contorno do ZEC Serra do Xistral, que forma parte da Rede Natura 2000 galega, adoptarase un sistema xerarquizado de zonificación afín ao adoptado polo plan director para a Rede Natura 2000 de Galicia. O sistema consta de tres zonas:

a) Área de protección (zona 1): aplícase sobre territorios cun nivel de conservación moi alto. A configuración destas zonas e a súa biodiversidade está ligada ao mantemento de usos tradicionais compatibles. A área de protección correspóndese cos dous lagos e unhas marxes de 5 m.

b) Área de conservación (zona 2): constitúe e inclúe territorios cun nivel de conservación alto e medio. Diferénciase por un nivel importante de humanización e correspóndelle un aproveitamento ordenado dos recursos naturais. A área de conservación está constituída, principalmente, polos terreos cuxos horizontes do solo non foron alterados pola actividade mineira.

c) Área de uso xeral (zona 3): constitúe e inclúe territorios cun nivel de conservación medio ou baixo en que predominan os medios seminaturais cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos, desvinculados dos sistemas tradicionais de explotación dos recursos naturais. Este é o caso de gran parte da superficie do EPIN Os Lagos de Lousada que foi unha mina ao descuberto. A xestión destas zonas orientarase a evitar a fragmentación e o illamento de zonas de maior valor.

En consecuencia, na planificación do espazo protexido, a zona 3 debe absorber a maior parte das actividades de carácter recreativo co fin de reducir a presión sobre as áreas máis fráxiles. Por outra banda, os terreos que foron máis alterados pola actividade mineira serán obxecto dunha gradual mellora ambiental, sendo a restauración o principal obxectivo para a zona 3.

No anexo II consta unha descrición gráfica da delimitación das zonas e as súas coordenadas.

CAPÍTULO V

Directrices para a xestión do espazo natural

Artigo 8. Clasificación de usos e actividades e criterios de xestión

1. De acordo cos obxectivos de conservación, os usos e aproveitamentos dos recursos naturais valóranse baixo a consideración compatible con limitacións, compatible e propiciado ou vocacional:

a) Usos compatibles con limitacións: considéranse usos compatibles con limitacións aqueles que se poden realizar atendendo a posibles condicionantes. Existen, a priori, limitacións ou condicionantes para a realización da actividade. Os aproveitamentos produtivos limitados serán o madeireiro e a gandaría extensiva.

b) Usos compatibles: aqueles en que non existen, a priori, limitacións ou condicionantes para a realización da actividade, sempre sen perder o punto de referencia da xestión e aproveitamento sustentable do EPIN. Considérase compatible o aproveitamento cinexético, sempre que se cumpra o disposto no plan de aproveitamento cinexético do Tecor e demais regulacións. A pesca deportiva quedará suxeita ao disposto nas ordes anuais de veda e demais regulacións; os aproveitamentos tradicionais como a recolla de mel, froitos, cogomelos e leña, sempre que non causen danos.

c) Son propiciadas ou vocacionais: as actividades que poderían mesmo chegar a favorecer a xestión ou conservación do espazo onde se desenvolva a actividade exposta. Terá carácter vocacional e fomentarase o uso sociorecreativo do EPIN nos lugares apropiados de áreas recreativas, fontes, miradoiros, sinalización de carreiros, etc. de modo que permita o coñecemento e goce ordenado do EPIN ao maior número de visitantes.

Artigo 9. Directrices xerais

a) Conforme aos obxectivos establecidos, os esforzos centraranse no mantemento e mellora dos recursos naturais actuais, procurando restaurar as áreas degradadas pola acción humana.

b) Debe tomarse como directriz prioritaria a conservación dos recursos, entendida esta como o aproveitamento sustentable no tempo.

c) Fomentarase o uso público ordenado do EPIN polas persoas visitantes, promovendo actitudes de respecto que permitan o uso e goce, sen menoscabo dos recursos que se pretende protexer.

d) Procurarase a máxima coordinación co persoal técnico e axentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e dos Servizos de Protección da Natureza da Garda Civil, para un mellor control e protección dos recursos, así como co persoal técnico e axentes da Consellería do Medio Rural, no que se refira ao monte e á prevención do risco de incendios.

e) Preservarase a integridade do EPIN manténdoo sen alteracións que modifiquen de maneira significativa as características e constitución dos seus compoñentes bióticos, abióticos e culturais.

f) Procurarase lograr un maior coñecemento dos recursos do EPIN como base para a súa xestión, potenciando o seu estudo e investigación.

g) Estableceranse os sistemas de seguimento e control do estado dos ecosistemas e recursos naturais do EPIN, así como dos efectos producidos polas distintas actuacións realizadas nel.

h) Promoverase a cooperación cos organismos da Administración con competencias no ámbito do EPIN co fin de optimizar a súa xestión e lograr a consecución dos obxectivos marcados.

i) Dotarase ao EPIN dos medios técnicos e humanos necesarios para asegurar o correcto desenvolvemento das tarefas de protección e conservación.

j) A xestión e dirección do EPIN asegurarán a participación das mulleres na xestión de base, técnica, de coordinación ou directiva procurando o equilibrio representativo destas e a integración da perspectiva de xénero en materia de igualdade.

CAPÍTULO VI

Directrices para a protección, conservación e restauración do medio natural

Artigo 10. Atmosfera

Tentarase manter intacta a calidade do aire do EPIN. En particular, prestarase especial atención aos seguintes aspectos:

a) Procederase ao control das fontes emisoras de ruídos, en especial daquelas que poidan afectar a fauna silvestre.

b) Controlaranse e eliminaranse as fontes de emisión de cheiros desagradables que poidan alterar significativamente a calidade perceptiva do EPIN.

c) Limitarase a emisión de substancias contaminantes en concentracións tales que modifiquen a calidade do aire por enriba dos niveis autorizados.

Artigo 11. Auga

1. Preservarase a calidade da auga tanto superficial como subterránea e aseguraranse os caudais mínimos ecolóxicos. Adoptaranse medidas preventivas que impidan a progresiva contaminación dos recursos hídricos.

2. Estableceranse mecanismos de coordinación entre o organismo de bacía, as administracións competentes e outros axentes locais para asegurar a eficacia das medidas de conservación, protección e actuación sobre as marxes, leitos e ribeiras dos cursos de auga así definidos na lexislación vixente.

3. De conformidade co disposto na Orde do 2 de novembro de 2017, declarativa do EPIN de xeito provisional, e no informe da Confederación Hidrográfica do 26.5.2015:

a) A xestión dos elementos presentes no dominio público hidráulico non implicará a cesión do dominio público nin a súa utilización significará a cesión das facultades demaniais do Estado.

b) Respectaranse as directrices contidas na planificación hidrolóxica da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil existente na bacía a que pertence o rego Millarramo e terase en consideración que réxime de autorizacións e concesións será o recollido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas e no Regulamento do dominio público hidráulico. Neste senso:

i. A apertura de camiños e movemento de terras, incluso as vías de saca no DPH e a súa zona de policía, requirirán de autorización previa do organismo de bacía.

ii. Respecto das normas de uso do solo rústico de protección de augas, en relación coas actividades de tempo libre, observarase o disposto no artigo 82 do Regulamento do dominio público hidráulico cando se trate de acampadas colectivas.

iii. O peche ou valamento de leiras non poderá afectar a zona de servidume para o uso público.

c) Recórdase que para a execución de calquera obra ou traballo na zona de policía de leitos fluviais precisará de autorización administrativa do organismo de bacía (artigo 9.4 do Regulamento do dominio público hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e VIII do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e modificado en última instancia o 29.12.2016.

4. Procurarase o adecuado tratamento de depuración de todas as verteduras e velarase polo cumprimento dos obxectivos definidos para a calidade das augas, tanto para o seu uso como para o mantemento da vida silvestre, segundo os estándares que aparezan nas normativas e lexislación vixentes.

5. Limitaranse as actuacións, de infraestruturas e instalacións, que poidan implicar a xeración de impactos que supoñan a alteración ou modificación do medio acuático, da dinámica ou circulación de augas ou dalgúns dos elementos que o conformen (por exemplo, a vexetación de ribeira), exceptuando unicamente as mínimas intervencións necesarias para satisfacer a demanda de abastecemento de auga de consumo para as poboacións locais ou para outros usos tradicionais da zona.

6. Promoverase a restauración daquelas zonas que sufran algunha degradación. Así mesmo, promoverase o acondicionamento de posibles obstáculos artificiais existentes que poidan limitar a libre circulación da ictiofauna.

7. Velarase pola realización dun seguimento continuado da calidade das augas superficiais e subterráneas. Da mesma maneira, velarase pola correcta xestión e aproveitamento dos recursos hidráulicos existentes, para que estes se realicen e planifiquen da maneira o máis acorde posible coas necesidades de conservación do medio natural e dos caudais ecolóxicos.

Artigo 12. Xeoloxía, xeomorfoloxía e solo

a) Preservarase a integridade das formacións xeolóxicas e xeomorfolóxicas máis relevantes do espazo natural e impediranse aquelas actividades extractivas ou construtivas que poidan alterar ou modificar o seu volume, perfil ou outras características estruturais.

b) Promoverase a restauración das zonas afectadas polas actividades extractivas ou outras actividades mineiras. Así mesmo, non se autorizarán actividades extractivas que pola súa dimensión ou localización poidan chegar a provocar a desestabilización do conxunto e a aparición de fenómenos erosivos.

c) Evitaranse, na medida do posible, os cambios de uso do solo que poidan supoñer unha perda ou deterioración da calidade estrutural ou de textura e limitaranse especialmente os usos construtivos ou a ocupación urbanística sobre os solos de maior valor e sensibilidade ambientais, e tamén sobre aqueles solos máis fértiles, de maneira que non se comprometa o potencial biolóxico nin a capacidade produtiva.

Artigo 13. Vexetación

a) Procurarase a conservación das formacións vexetais actuais, facilitando a rexeneración de frondosas autóctonas, de especial interese por constituíren hábitats de especies endémicas, singulares ou ameazadas, polo seu papel fundamental na protección e regulación hídrica, polo seu papel na protección dos solos fronte á erosión ou polo seu valor paisaxístico.

b) Estableceranse as medidas adecuadas para evitar alteracións da cobertoira vexetal que poidan repercutir negativamente na protección dos solos fronte á erosión superficial, a regulación hídrica e os valores paisaxísticos ou ecolóxicos do EPIN.

c) Velarase pola non introdución de especies exóticas que poidan competir coa vexetación natural ou restar naturalidade e interese á vexetación actual.

d) Estableceranse accións encamiñadas ao control da propagación e á gradual eliminación de especies invasoras ou foráneas como a Acacia sp. e o Eucalyptus sp.

e) Darase prioridade ao establecemento do souto de castiñeiros (Castanea sativa), hábitat incluído no anexo I da Directiva 92/43/CEE.

f) Realizarase un seguimento ambiental ininterrompido do estado do EPIN, para efectos das actuacións que sobre el se realicen, controlando os posibles impactos ou calquera outro factor que poida afectalo.

Artigo 14. Fauna

a) Protexerase o conxunto da fauna existente no EPIN, conservando a súa abundancia, diversidade e singularidade, a súa dinámica poboacional e os hábitats e lugares necesarios para a súa supervivencia.

b) Cantas actuacións se realicen sobre a fauna do EPIN deberán adecuarse ao conxunto de plans específicos que para as especies ameazadas (recuperación, conservación, manexo, etc.) existen na actualidade, xa sexan de carácter estatal ou autonómico, ou que poidan establecerse nun futuro.

c) Velarase pola non introdución de especies exóticas que poidan competir ou restar naturalidade e interese á fauna actual.

d) Respectarase, no manexo das especies silvestres autóctonas, a conservación da diversidade intraespecífica.

e) Velarase pola integridade do hábitat natural como medida máis eficaz para a protección e preservación da fauna autóctona.

f) Valoraranse os impactos que exercen sobre a fauna os diferentes usos e aproveitamentos que se dan no EPIN, establecendo, se for o caso, zonas sensibles a certos usos.

g) Limitaranse aqueles aproveitamentos localizados nas zonas máis sensibles que poidan alterar as condicións do hábitat ou modificar o comportamento e a viabilidade na zona das súas especies máis características.

h) Limitarase o uso de produtos fitosanitarios e outros similares no tratamento de pragas, etc., para evitar o envelenamento e a afección da fauna máis sensible a este tipo de prácticas.

Artigo 15. Paisaxe

– O EPIN Os Lagos de Lousada conta cunha paisaxe rica e diversa, cuxos valores como conxunto paisaxístico e natural o fan merecente dunha xestión acorde coa súa conservación, polo menos do seu estado actual, para asegurar o mantemento deste recurso.

– Preservarase a integridade da paisaxe como un recurso natural máis, mantendo un equilibrio sustentable entre os seus aproveitamentos e usos e o medio que o constitúe.

– Procurarase evitar a introdución de calquera elemento artificial que altere a paisaxe natural ou desfigure as súas formas e perspectivas modificando o seu valor estético. Os elementos construtivos, sinalización (publicidade, información, interpretación, etc.) ou calquera outro que se xere como consecuencia da xestión do EPIN deberán integrarse no medio natural onde se sitúen, de maneira que causen o mínimo impacto visual.

– Procurarase a mellora da calidade visual do EPIN, adoptando, se for o caso, as medidas necesarias para eliminar ou minimizar os impactos paisaxísticos existentes.

– Limitaranse todas aquelas actuacións que alteren dalgunha forma o valor paisaxístico do medio natural.

CAPÍTULO VII

Directrices para a xestión do uso público

Artigo 16. Para a xestión do uso público

O obxecto das directrices do uso público será definir o marco dentro do cal se van desenvolver as distintas actividades de uso público, a vixilancia, a seguridade do EPIN e o programa de actuacións e normativa de aplicación.

A xestión do uso público seguirá as seguintes directrices:

a) O desenvolvemento de actividades derivadas do uso público (turísticas, deportivas, recreativas ou educativas) e a utilización dos elementos do medio natural da paraxe como recurso, en todo momento se supeditará ao seu mantemento e á mellora do seu estado de conservación, así como á seguridade das persoas visitantes. En función diso, estableceranse as medidas adecuadas para evitar que o uso público supoña unha degradación dos recursos bióticos e abióticos do EPIN.

b) Velarase polo mantemento do EPIN libre de residuos e verteduras incontrolados, tanto sólidos como líquidos.

c) Regularase e programarase o desenvolvemento das actividades ambientais, culturais, turísticas, deportivas, recreativas e educativas no EPIN e as súas condicións de seguridade, así como a regulación da xestión dos residuos sólidos.

d) Promoveranse as accións de formación necesarias, así como a reciclaxe do persoal implicado no desenvolvemento de actividades de uso público do EPIN, en función das novas necesidades. Estableceranse as accións específicas pertinentes para promover a implicación da poboación local nos labores de uso público.

e) Procurarase compatibilizar as diversas demandas das persoas visitantes. As actividades de uso público ofrecerán un abano de posibilidades tal que sexa capaz de satisfacer as persoas visitantes que acceden ao EPIN xerando actitudes congruentes cos seu valores.

f) Promoverase o establecemento de convenios de colaboración e cooperación con institucións públicas e privadas que sexan de utilidade para un mellor coñecemento das potencialidades do EPIN ou, se for o caso, das limitacións ao uso público, ante a necesidade de preservar os recursos naturais.

g) Dado que o EPIN Os Lagos de Lousada está dentro da reserva da biosfera Terras do Miño, promoverase a concienciación do significado e a importancia do desenvolvemento sustentable.

Artigo 17. Para as actividades turístico-recreativas

En particular, establécense as seguintes directrices de ordenación, control e fomento desta actividade:

1. Potenciarase o incremento e diversificación da oferta de actividades turísticas e/ou recreativas, a fin de constituír a infraestrutura máis adecuada para que o uso público no EPIN se desenvolva de forma ordenada e sustentable.

2. Darase prioridade e preferencia en caso de conflito ás actividades de baixo impacto (paseo, contemplación, etc.) como medio máis favorable para gozar dos valores do EPIN.

3. Regularanse, ordenaranse e limitaranse aquelas actividades que poidan supoñer unha deterioración dos recursos e elementos do espazo que se pretende protexer, co fin de controlar as posibles alteracións que o uso desordenado poida traer consigo. Neste sentido:

a) A práctica de actividades deportivas estará restrinxida nos casos, zonas e épocas en que poidan producir interferencias no ciclo vital das especies de flora ou fauna ameazadas ou en precario estado de conservación.

b) Informarase as persoas turistas sobre os modos de conduta que deben respectar para que o uso turístico se verifique sen menoscabo da calidade ecolóxica e paisaxística do EPIN.

c) O equipo xestor poderá regular o acceso incontrolado do público en xeral mediante vehículos a motor en todo o ámbito de protección eliminándoo fóra das vías de circulación, salvo en casos necesarios derivados da xestión do EPIN.

Artigo 18. Para as actividades de información e interpretación

1. A información é un elemento básico a través do cal se debe lograr a toma de conciencia polo público dos valores do EPIN, así como conseguir a súa distribución adecuada e o cumprimento da normativa de protección.

a) A información será o instrumento básico que permita interesar, chegar a facer partícipe, as persoas relacionadas co EPIN para alcanzar os obxectivos perseguidos.

b) As actividades e regulacións recollidas nos instrumentos de ordenación e planificación do EPIN deberán divulgarse convenientemente de maneira que o seu coñecemento chegue a todas aquelas persoas interesadas.

c) Fomentarase o coñecemento do EPIN e das accións para a conservación da natureza realizadas en Galicia.

d) Proporcionarase información sobre as diferentes posibilidades de uso e desfrute do EPIN, co fin de promover un aproveitamento público completo e ordenado.

e) Sinalizaranse os límites do EPIN, empregando para iso materiais e deseños integrados na paisaxe e que resulten facilmente recoñecibles. De igual maneira, sinalizaranse as distintas zonas segundo o grao de protección determinada.

2. O EPIN constitúe un ámbito idóneo para impartir programas de educación ambiental. Por iso, débese dotar o espazo natural dos medios necesarios para o desempeño desta actividade, así como coordinar os distintos organismos implicados na materia.

a) Promoverase, a través da información, a interpretación e a educación ambiental, un maior coñecemento da problemática ambiental en xeral e un maior respecto e aprecio cara ao EPIN, así como o coñecemento dos seus principais valores.

b) As publicacións e sinalización do EPIN deberán cubrir as necesidades das actividades de información, interpretación, educación ambiental, formación, sensibilización e todas aquelas que desenvolva o EPIN, e identificaranse, a través do seu deseño, imaxe e contido.

c) Crearase un sistema de sinalización, fóra e dentro deste espazo protexido, con información de interese sobre o espazo natural. En particular, reflectiranse aqueles aspectos normativos de interese para a conservación dos valores do EPIN.

d) As actividades de interpretación terán como obxectivo esencial dar a coñecer as orixes e causas da paisaxe actual, a súa relación coas actividades humanas e a necesidade de conservalo para as xeracións futuras.

3. As actividades de interpretación do EPIN comprenderán os seguintes aspectos:

a) Os contidos de interpretación recollerán os elementos do medio incluídos no EPIN que permitan a súa mellor comprensión tendo en conta, en calquera caso, os obxectivos para que se creou.

b) Estableceranse as infraestruturas necesarias (rutas, itinerarios, etc.), instrumentos e mecanismos de divulgación que permitan o desenvolvemento das actividades de interpretación.

c) Desenvolveranse programas con actuacións conxuntas entre o EPIN e os centros educativos, de tal forma que se promova o uso dos valores educativos polos centros docentes. Promoveranse acordos con colexios, institutos, etc. para a organización de actividades de educación ambiental que teñan o EPIN como soporte.

Artigo 19. Para as actividades científicas e de investigación

a) Promoverase a difusión dos coñecementos científicos adquiridos e recadados de todos os estudos e traballos de investigación realizados no EPIN e a súa contorna.

b) Para a recolección de espécimes e mostras biolóxicas ou de rochas, minerais e fósiles observarase o disposto no artigo 53 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, respecto das autorizacións pertinentes, condicións de captura ou recolla en que se indiquen as cantidades, lugares, épocas e modo de realizalas.

c) Todos os traballos científicos ou de investigación que se realicen no ámbito do EPIN utilizarán aquelas técnicas e métodos cos menores impactos posibles para o medio natural.

d) Toda actividade científica ou de investigación con incidencia nos compoñentes naturais e ambientais do EPIN deberá ser autorizada previamente polas persoas xestoras e adaptarase ás normas e condicionantes contidos na devandita autorización.

e) O equipo xestor poderá propoñer que a realización das actividades se realice nunha zona ou área concreta do EPIN ou, se for o caso, denegar a autorización para a súa execución.

f) A persoa responsable das investigacións realizadas no EPIN deberá proceder aos traballos necesarios para a restauración das condicións naturais que houbese con anterioridade.

g) As actividades de investigación non poderán, en ningún caso, introducir especies ou subespecies, así como xenotipos diferentes aos existentes no espazo natural.

CAPÍTULO VIII

Directrices para a ordenación territorial e para o aproveitamento dos recursos do EPIN

Artigo 20. Directrices para a ordenación territorial e dos recursos naturais

1. A conservación e mellora do EPIN será un obxectivo prioritario para conseguir unha conservación dinámica da paisaxe. Para chegar a este obxectivo considéranse as seguintes directrices xenéricas:

a) Ordenarase a utilización dos recursos naturais a través da planificación para evitar a súa degradación, buscando unha maior rendibilidade compatible e en equilibrio coa conservación e mellora dos valores do EPIN.

b) Ordenaranse e regularanse os diferentes aproveitamentos, en especial os de carácter tradicional, que serán fomentados, co obxecto de que a súa actividade sexa compatible cos recursos que se pretenden protexer e cos obxectivos que animan a declaración como EPIN.

c) Estableceranse as medidas necesarias para evitar aqueles aproveitamentos incompatibles coa conservación dos valores do EPIN. A limitación de aproveitamentos tradicionais que supoñan cargas adicionais ás establecidas pola disposición derradeira segunda do Decreto 124/2005, do 5 de maio, poderán dar lugar a indemnización nos termos do artigo 29 da Lei 9/2001, do 21 de agosto.

d) Emprenderanse as accións necesarias para potenciar e canalizar as axudas establecidas pola Administración pública e a Unión Europea.

Artigo 21. Aproveitamentos e tratamentos forestais

1. A complexidade e a vulnerabilidade dos ecosistemas forestais levan á necesidade de realizar un esforzo especial de adecuación da súa xestión aos obxectivos do EPIN.

a) Regularanse os aproveitamentos forestais evitando talas intensivas, como as cortas a feito. Poderanse realizar cortas de policía e rareos por motivos silvícolas fitosanitarios ou de prevención de incendios.

b) Permítense os tratamentos silvícolas encamiñados á mellora silvícola, fitosanitaria e á prevención de incendios como podas, podas de formación, resalveos, rareo ou rozas selectivas.

c) A programación dos tratamentos silvícolas deberá considerar que as rozas selectivas non afecten os obxectivos de conservación do EPIN. Neste senso, prestarase unha atención especial aos principais hábitats presentes formados por queirogais higrófilos de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020) en cobertoira densa (75-100 %) e, no perímetro dos lagos, por vexetación turfófila asociada aos hábitats 3160 e 7110, tamén en cobertoira densa.

d) Poderanse efectuar tratamentos ou aproveitamentos intensos nas masas ou fendas de especies invasoras ou foráneas con obxecto de proceder ao seu control e erradicación.

e) Permítese a repoboación forestal, con obxecto de mellorar a cobertoira vexetal, frear a erosión hídrica, protexer a fauna e restaurar a paisaxe naquelas zonas degradadas. Procurarase que as especies empregadas sexan compatibles ecoloxicamente cos hábitats característicos do EPIN.

f) As repoboacións forestais poderanse pechar transitoriamente durante o tempo necesario para previr os danos producidos pola fauna silvestre.

Artigo 22. Aproveitamento dos recursos cinexéticos e piscícolas

1. A formulación xenérica a partir da creación do EPIN permite estas actividades sempre que se desenvolvan de forma ordenada e non interfiran coas medidas de conservación da fauna silvestre.

2. Fomentarase a xestión sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas existentes no espazo natural en colaboración coas sociedades xestoras.

3. A actividade cinexética virá regulada no correspondente proxecto de ordenación cinexética do terreo cinexético ordenado (Tecor) en que se atopa o EPIN e desenvolverase conforme as disposicións establecidas na orde xeral de vedas do ano en curso.

4. O exercicio da caza e a pesca desenvolverase en coordinación coa protección e conservación da fauna silvestre e co cumprimento dos obxectivos do EPIN.

5. O exercicio de modalidades de caza e a pesca deportiva son actividades permitidas de acordo coas normativas deportiva e sectorial e coas especificacións consideradas no presente plan.

Artigo 23. Actividades tradicionais

1. Considéranse como actividades tradicionais a recolla de cogomelos, leña, froitos, piñas, casca e mel.

2. Con carácter xeral permítense todos os usos e actuacións que tradicionalmente se viñeron efectuando na contorna do espazo natural.

CAPÍTULO IX

Directrices para a mellora das infraestruturas e da xestión
dos recursos culturais

Artigo 24. Sobre as infraestruturas

1. Traballarase para adecuar os servizos e infraestruturas de modo que se logren melloras na calidade de vida das poboacións locais, á vez que a conservación dos valores naturais e o mantemento da potencialidade dos recursos naturais locais.

2. As actuacións relativas a infraestruturas e comunicacións deberán someterse aos condicionantes impostos pola conservación dos valores naturais e da paisaxe. A mellora das infraestruturas adecuarase aos obxectivos do EPIN garantindo que o posible impacto sobre o medio sexa mínimo.

3. O tratamento e a xestión dos residuos xerados no EPIN realizarase de acordo coa lexislación sectorial vixente. Estableceranse as medidas para asegurar a xestión correcta dos residuos do EPIN, que deberán comprender:

a) O establecemento das infraestruturas necesarias para a recolla dos residuos sólidos e, na medida do posible, o seu tratamento.

b) A procura dunha solución adecuada no control da vertedura de residuos sólidos e a súa posta en valor e funcionamento, dando prioridade a aquelas técnicas que impliquen a reutilización ou a reciclaxe dos refugallos.

Artigo 25. Sobre o patrimonio histórico, artístico e cultural

1. Estableceranse as medidas necesarias de vixilancia e protección do patrimonio cultural, os xacementos arqueolóxicos e elementos histórico-artísticos que se poidan atopar situados no ámbito do EPIN.

2. Potenciaranse as medidas necesarias para erradicar aquelas actividades que supoñan deterioración do patrimonio arqueolóxico, histórico-artístico e cultural:

a) Identificaranse e sinalizaranse os elementos do patrimonio cultural, especialmente os situados en zonas onde se vaian efectuar aproveitamentos, tratamentos silvícolas, reforestacións, obras ou calquera outro tipo de traballo forestal que poida supoñer unha deterioración sobre eles.

b) Toda actuación de bens de interese cultural, bens catalogados e bens inventariados require da autorización previa da Consellería de Cultura e Turismo.

c) Área de protección e solo rústico: os actos de edificación e uso do solo na franxas sinaladas requiren un informe previo da Consellería de Cultura e Turismo.

d) A zona de afección de servidume e límites de dominio será de 50 m a elementos etnográficos, 100 m a elementos de arquitectura relixiosa, civil e militar e 200 m a restos arqueolóxicos.

3. Nos aproveitamentos forestais, tratamentos silvícolas, repoboacións e obras de mantementos de infraestruturas próximos a elementos do patrimonio cultural que poidan atoparse nun futuro, tomaranse as seguintes medidas de prevención xerais:

a) Os bens culturais dentro das áreas en cuestión deberán figurar na cartografía manexada nos traballos.

b) Previamente á corta de árbores, os elementos de patrimonio cultural deberán balizarse con estacas de madeira e cinta de obra. Nesas zonas estará vedado o tránsito de maquinaria e a caída ou acumulación de árbores.

c) En xeral, respectaranse os afloramentos rochosos, tanto no proceso de corta como na acumulación dos restos da corta, que serán dispostos en cordóns para a súa trituración ou ben simplemente amoreados para a súa descomposición, evitando desta forma a súa alteración ou cubrición.

d) Respecto dos traballos de reforestación ou movementos de terras que poidan afectar o patrimonio cultural, será precisa a presentación dun proxecto ou memoria dos traballos para a súa autorización pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural onde se establecerán as condicións ou cautelas específicas que se deben adoptar para cada zona.

CAPÍTULO X

Directrices para a mellora da calidade de vida, a dinamización socioeconómica
e a xestión do uso público

Artigo 26. Directrices para a mellora da calidade de vida e a dinamización socioeconómica

1. Para contribuír ao afianzamento da poboación do contorno próximo ao EPIN fomentarase o interese local da poboación pola persistencia dos recursos naturais existentes e procurarase:

a) Integralas noutros plans existentes, así como en programas de financiamento de ámbito comunitario, nacional, autonómico ou provincial.

b) Establecer os programas necesarios que como complemento aos plans anteriores sexa preciso elaborar, determinando as prioridades de actuación.

c) Emprender accións para potenciar todas as axudas de posible aplicación no EPIN establecidas pola Administración pública española e a Unión Europea.

2. Promoveranse accións e iniciativas que permitan compensar as limitacións establecidas para a conservación dos recursos naturais, e posibilitar o desenvolvemento socioeconómico da poboación afectada. Neste senso:

a) Procurarase a integración dos habitantes da comarca nas actividades xeradas pola protección e xestión do EPIN.

b) Melloraranse e fomentaranse as actividades tradicionais compatibles co mantemento dos valores ambientais.

c) A limitación de aproveitamentos tradicionais que supoñan cargas adicionais ás establecidas pola disposición derradeira segunda do Decreto 124/2005, do 5 de maio, só poderán dar lugar a indemnización nos termos do artigo 29 da Lei 9/2001, do 21 de agosto.

Artigo 27. Uso público e actividades deportivas

1. O desenvolvemento do uso público e as actividades deportivas compatibilizarase cos obxectivos de conservación do espazo natural e co desenvolvemento do medio rural.

2. Fomentarase e facilitarase o uso público e o acceso ordenado das persoas visitantes ao espazo e o equipo xestor poderá regular a súa afluencia máxima, establecendo topes máximos diarios de acceso se for necesario.

3. Traballarase para achegar a poboación ao ámbito natural e aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como lograr unha maior sensibilización, sobre todo no caso das poboacións urbanas.

4. Crearase unha rede de sendas e áreas de esparexemento para a mellora da oferta de uso público, prestando especial atención e respecto ás áreas con importantes valores culturais, estéticos, educativos e científicos.

5. O tránsito das persoas visitantes polo espazo natural realizarase:

a) Preferentemente de modo peonil e respectando a propiedade privada e as actividades e aproveitamentos existentes.

b) O acceso e tránsito de tráfico rodado deberán ser autorizados expresamente polas persoas xestoras do EPIN, que deixarán constancia das autorizacións emitidas cada día nun rexistro de vehículos autorizados.

c) O equipo xestor deberá sinalizar as vías transitables para garantir que o tránsito rodado se produza en condicións mínimas de seguridade viaria.

d) Quedan exceptuados de obter a autorización os vehículos de vixilancia, emerxencias ou equivalentes que precisen acceder no desempeño das súas funcións.

e) A circulación e aparcamento de vehículos no desenvolvemento de actividades de uso público (turístico, recreativo, deportivo, lecer, etc.) realizarase exclusivamente nas vías e áreas habilitadas para ese efecto.

f) Prohíbese a circulación e aparcamento sobre hábitats de interese comunitario ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación.

g) Permítese o uso con fins comerciais da imaxe, marca ou sinais de identidade gráfica do espazo natural ás persoas xestoras do EPIN, o que deberá ser comunicado ao Servizo de Conservación da Natureza de Lugo.

6. Co fin de ordenar o uso público e compatibilizalo cos obxectivos de conservación do EPIN, determinadas actividades de uso público poderán quedar limitadas a determinadas áreas ou itinerarios concretos dentro do espazo natural, ben de forma permanente (áreas de descanso, áreas recreativas, etc.) ou temporalmente. O equipo xestor deberá comunicar ao Servizo de Conservación da Natureza de Lugo con antelación suficiente a localización e necesidades, motivando a necesidade específica de limitación do uso público.

7. Poderán ordenarse áreas de uso preferente para o estacionamento temporal de vehículos, de paseos turísticos a cabalo, cicloturismo, sendeirismo, de descanso, comida, bebida, etc.

8. O desenvolvemento de actividades profesionais de filmación ou gravación de especies de interese para a conservación das súas áreas prioritarias de conservación deberá ser autorizado expresamente polas persoas xestoras.

9. As actividades de uso público que poidan xerar unha perda do estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, requirirán autorización. As actividades en grupo precisarán de autorización en todo caso.

10. Co fin de garantir un estado de conservación favorable dos hábitats de interese comunitario ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, non se autorizarán:

a) As actividades ou prácticas de supervivencia.

b) A circulación de vehículos fóra das vías e, especialmente, de motocross, motocicletas, todoterreos e quads.

c) O emprego de radios, megáfonos ou aparellos de son que perturben a tranquilidade e a calma da fauna e do propio espazo natural.

d) A acampada ou o bivaque sobre hábitats prioritarios ou sobre as áreas prioritarias para a conservación de especies protexidas e catalogadas de flora e fauna silvestre.

e) A realización de calquera actividade ou proba de carácter deportivo ou recreativo sen autorización expresa do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo.

CAPÍTULO XI

Medidas de conservación dos valores naturais. Principais liñas de traballo
para o mantemento do espazo natural

Artigo 28. Actuacións

Durante o período inicial dos 5 primeiros anos desde a aprobación do plan, prográmanse unha serie de actuacións destinadas a cumprir cos obxectivos específicos da declaración do EPIN, a conservación dos valores naturais que motivaron a súa declaración.

Así, as principais actuacións que se levarán a cabo neste período coinciden coas liñas principais de traballo para o mantemento do espazo contidas no plan de conservación e se relacionan a seguir coa programación especificando o obxectivo de conservación dos valores que motivaron a declaración de EPIN que se asocia a cada unha.

1. Eliminación de especies arbóres alóctonas cultivadas.

Obxectivo de conservación: conservación de hábitats. Eliminación de especies exóticas arbóreas e invasoras.

Na actualidade existe un elevado número de especies exóticas vexetais cultivadas, de Eucalyptus nitens de porte arbóreo. Non se considera a súa eliminación drástica pero si a súa eliminación paulatina e substitución por especies autóctonas.

Tratamentos silvícolas: no período 2018-2023 faranse tratamentos silvícolas en toda a superficie do EPIN consistentes na eliminación paulatina do Eucalyptus nitens existente.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

Obxectivo de conservación: conservación de hábitats e paisaxe. Prevención do risco de incendios. Deseño e implantación de faixas de control de biomasa.

A propagación de incendios forestais podería afectar a riqueza ambiental e paisaxística do EPIN, as actividades ambientais e educativas que se desenvolvan nel e incluso as persoas visitantes. Por iso, durante os tres primeiros anos, período 2018-2020, está previsto deseñar e adoptar as medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais consistentes en efectuar faixas de control da biomasa que eviten a propagación de incendios en caso de catástrofe sobrevida.

3. Actuacións para a mellora de hábitats. Eliminación de impactos. Plantación de Castanea sativa a modo de soutos de castiñeiro e axuda á rexeneración natural.

Obxectivo de conservación: mellora de hábitats. Restauración de áreas degradadas.

a) Plantación de castiñeiros. A restauración das zonas degradadas pola actividade extractiva farase mediante a plantación paulatina de exemplares de Castanea sativa para ir conformando co tempo un souto aberto de castiñeiros que evolucione ao hábitat 9260.

b) Axuda á rexeneración natural de vexetación autóctona: limpeza manual e total da zona de uso público respectando a posible rexeneración.

c) Poda de saneamento nos exemplares que o precisen.

d) Plantación autóctona en zonas puntuais.

4. Actuacións de posta en valor do uso público e deportivo do EPIN:

Obxectivo de conservación: mellora e ordenación do uso público, centrando a presión antrópica nas áreas degradas pola actividade extractiva do pasado e preservando as zonas de maior valor ecolóxico.

a) Creación de rutas de sendeirismo: os traballos consistirán na roza e acondicionamento do sendeiro e na sinalización da ruta.

b) Elaboración de material divulgativo e publicidade.

c) Creación e acondicionamento de espazos recreativos. Preténdese construír unha área recreativa e para iso farase unha repoboación do terreo con diversas especies de coníferas e frondosas, e a dotación de mobiliario (mesas, papeleiras, bancos e grellas de obra).

d) Valamento da zona e delimitación da zona de estacionamento dos vehículos.

CAPÍTULO XII

Previsións orzamentarias

Artigo 29. Orzamento

Anualidade

Medida de conservación

Orzamento dispoñible

Ano 1

1. Eliminación de especies exóticas invasoras.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

3. Sensibilización da poboación.

2.000 €

Ano 2

1. Eliminación de especies exóticas invasoras.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

3. Actuacións para a mellora de hábitats. Eliminación de impactos. Plantación de Castanea sativa a modo de soutos de castiñeiro e axuda á rexeneración natural.

2.000 €

Ano 3

1. Eliminación de especies exóticas invasoras.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

3. Actuacións para a mellora de hábitats. Eliminación de impactos. Plantación de Castanea sativa a modo de soutos de castiñeiro e axuda á rexeneración natural.

4. Actuacións de posta en valor do uso público e deportivo do EPIN.

4.000 €

Ano 4

1. Eliminación de especies exóticas invasoras.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

3. Actuacións para a mellora de hábitats. Eliminación de impactos. Plantación de Castanea sativa a modo de soutos de castiñeiro e axuda á rexeneración natural.

4. Actuacións de posta en valor do uso público e deportivo do EPIN.

3.000 €

Ano 5

1. Eliminación de especies exóticas invasoras.

2. Actuacións para a prevención do risco de incendios.

3. Actuacións para a mellora de hábitats. Eliminación de impactos. Plantación de Castanea sativa a modo de soutos de castiñeiro e axuda á rexeneración natural.

4. Actuacións de posta en valor do uso público e deportivo do EPIN.

2.000 €

CAPÍTULO XIII

Vixencia e revisión

Artigo 30. Vixencia

As determinacións deste plan de conservación entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e continuarán en vigor ata que se revise o plan polo cambio significativo e suficiente das circunstancias ou criterios que determinaron a súa aprobación. En calquera caso, na falta de modificacións excepcionais, o plan deberá revisarse pasados cinco anos.

Artigo 31. Extinción

A consellería competente en materia de conservación da natureza poderá iniciar o expediente para retirar a condición de espazo protexido no caso de que non se cumpran as finalidades de conservación recollidas na declaración do espazo ou de que se detecten desviacións importantes respecto do plan de conservación aprobado.

ANEXO II

Ámbito territorial de aplicación do plan de conservación, límites e planos
do espazo privado de interese natural Os Lagos de Lousada

1. O ámbito territorial de aplicación do plan de conservación coincide coa extensión e límites cartografados do EPIN Os Lagos de Lousada e coas coordenadas establecidas no anexo II deste decreto. Está constituído pola parcela con referencia catastral 27021A020001740000QQ, localizada no polígono 20, parcela 174 do concello de Xermade (Lugo), na parroquia de Lousada, lugar do Muíño Novo, e cínguese ao ámbito formalmente definido polo Acordo de alteración catastral da Xerencia Territorial do Catastro de Lugo (expediente 00113864.27/13).

2. Localízase na folla 23-III da cartografía 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional, no termo municipal de Xermade, provincia de Lugo, e conta cunha superficie de 41,7 ha.

3. Os seus límites son os seguintes:

Sur e leste: polígono 20 parcela 9014 (CP 22-6 de Roupar a Vilapedre. Base cartográfica PNOA2014, cedido polo © Instituto Xeográfico Nacional, Xunta de Galicia).

Norte: polígono 20, parcelas 175, 199 e 9002.

Oeste: polígono 20, parcelas 114, 196, 104, 89, 91, 92, 90, 87, 76, 9510, 9001, 75, 74, 72, 71, 70, 69, 68, 67, 60, 59, 58 e 57.

4. Lista de puntos: coordenadas dos vértices da poligonal e coordenadas da delimitación zonal. Zonas 1 - 2 - 3.

Número

Coord. X

Coord. Y

Código

Liña cor

1

602415.503

4806993.316

Zona-1

Maxenta

2

602436.795

4807002.693

Zona-1

Maxenta

3

602465.782

4807018.101

Zona-1

Maxenta

4

602490.510

4807030.942

Zona-1

Maxenta

5

602521.839

4807037.795

Zona-1

Maxenta

6

602549.198

4807036.554

Zona-1

Maxenta

7

602573.742

4807030.874

Zona-1

Maxenta

8

602592.723

4807023.953

Zona-1

Maxenta

9

602607.139

4807013.374

Zona-1

Maxenta

10

602611.704

4807001.391

Zona-1

Maxenta

11

602601.381

4806990.534

Zona-1

Maxenta

12

602579.139

4806980.871

Zona-1

Maxenta

13

602566.870

4806963.722

Zona-1

Maxenta

14

602558.283

4806945.996

Zona-1

Maxenta

15

602543.288

4806928.342

Zona-1

Maxenta

16

602525.335

4806920.819

Zona-1

Maxenta

17

602502.926

4806916.939

Zona-1

Maxenta

18

602488.966

4806903.609

Zona-1

Maxenta

19

602476.185

4806880.296

Zona-1

Maxenta

20

602450.349

4806871.187

Zona-1

Maxenta

21

602434.605

4806882.257

Zona-1

Maxenta

22

602423.343

4806903.178

Zona-1

Maxenta

23

602412.305

4806924.338

Zona-1

Maxenta

24

602403.483

4806945.435

Zona-1

Maxenta

25

602406.767

4806972.536

Zona-1

Maxenta

26

602717.744

4807249.625

Zona-1

Maxenta

27

602725.402

4807235.074

Zona-1

Maxenta

28

602740.596

4807224.022

Zona-1

Maxenta

29

602758.121

4807223.238

Zona-1

Maxenta

30

602764.383

4807211.936

Zona-1

Maxenta

31

602764.189

4807197.671

Zona-1

Maxenta

32

602756.672

4807188.434

Zona-1

Maxenta

33

602749.263

4807179.266

Zona-1

Maxenta

34

602746.993

4807164.833

Zona-1

Maxenta

35

602747.321

4807147.893

Zona-1

Maxenta

36

602746.239

4807130.587

Zona-1

Maxenta

37

602746.264

4807109.655

Zona-1

Maxenta

38

602747.795

4807090.399

Zona-1

Maxenta

39

602750.232

4807080.643

Zona-1

Maxenta

40

602756.116

4807067.139

Zona-1

Maxenta

41

602756.542

4807049.437

Zona-1

Maxenta

42

602743.365

4807037.436

Zona-1

Maxenta

43

602727.557

4807034.794

Zona-1

Maxenta

44

602716.230

4807039.500

Zona-1

Maxenta

45

602710.591

4807048.963

Zona-1

Maxenta

46

602695.003

4807049.296

Zona-1

Maxenta

47

602685.089

4807048.115

Zona-1

Maxenta

48

602675.170

4807043.408

Zona-1

Maxenta

49

602663.209

4807043.448

Zona-1

Maxenta

50

602653.734

4807055.790

Zona-1

Maxenta

51

602650.446

4807073.114

Zona-1

Maxenta

52

602658.104

4807086.408

Zona-1

Maxenta

53

602663.616

4807090.677

Zona-1

Maxenta

54

602654.779

4807101.330

Zona-1

Maxenta

55

602651.183

4807114.067

Zona-1

Maxenta

56

602650.346

4807130.090

Zona-1

Maxenta

57

602649.098

4807145.671

Zona-1

Maxenta

58

602644.939

4807155.604

Zona-1

Maxenta

59

602636.194

4807163.366

Zona-1

Maxenta

60

602632.021

4807178.442

Zona-1

Maxenta

61

602632.980

4807195.096

Zona-1

Maxenta

62

602643.162

4807214.137

Zona-1

Maxenta

63

602658.968

4807230.891

Zona-1

Maxenta

64

602676.154

4807242.046

Zona-1

Maxenta

65

602696.410

4807249.333

Zona-1

Maxenta

66

602707.040

4807251.434

Zona-1

Maxenta

67

602298.587

4806600.895

Zona-2

Verde

68

602328.876

4806615.241

Zona-2

Verde

69

602367.892

4806639.832

Zona-2

Verde

70

602400.283

4806668.433

Zona-2

Verde

71

602427.013

4806690.479

Zona-2

Verde

72

602452.035

4806711.271

Zona-2

Verde

73

602483.366

4806727.719

Zona-2

Verde

74

602513.279

4806718.186

Zona-2

Verde

75

602539.211

4806703.780

Zona-2

Verde

76

602561.723

4806695.834

Zona-2

Verde

77

602569.748

4806725.888

Zona-2

Verde

78

602574.184

4806763.604

Zona-2

Verde

79

602589.952

4806788.562

Zona-2

Verde

80

602610.476

4806805.064

Zona-2

Verde

81

602636.634

4806813.265

Zona-2

Verde

82

602667.109

4806808.984

Zona-2

Verde

83

602688.100

4806807.895

Zona-2

Verde

84

602689.947

4806819.592

Zona-2

Verde

85

602685.475

4806831.276

Zona-2

Verde

86

602669.980

4806843.758

Zona-2

Verde

87

602644.788

4806849.151

Zona-2

Verde

88

602633.836

4806856.218

Zona-2

Verde

89

602631.062

4806878.160

Zona-2

Verde

90

602638.531

4806903.502

Zona-2

Verde

91

602654.787

4806929.024

Zona-2

Verde

92

602670.654

4806949.910

Zona-2

Verde

93

602686.495

4806973.023

Zona-2

Verde

94

602699.986

4806989.234

Zona-2

Verde

95

602720.865

4807006.126

Zona-2

Verde

96

602747.691

4807019.667

Zona-2

Verde

97

602773.964

4807025.840

Zona-2

Verde

98

602798.410

4807023.538

Zona-2

Verde

99

602817.671

4807011.282

Zona-2

Verde

100

602829.964

4806994.848

Zona-2

Verde

101

602843.258

4806967.813

Zona-2

Verde

102

602855.057

4806939.608

Zona-2

Verde

103

602866.290

4806911.980

Zona-2

Verde

104

602875.936

4806887.816

Zona-2

Verde

105

602887.794

4806857.860

Zona-2

Verde

106

602899.045

4806829.557

Zona-2

Verde

107

602909.289

4806804.018

Zona-2

Verde

108

602920.246

4806776.874

Zona-2

Verde

109

602938.839

4806731.014

Zona-2

Verde

110

603045.574

4806941.332

Parcela

Vermello

111

603035.476

4806918.538

Parcela

Vermello

112

603012.231

4806867.086

Parcela

Vermello

113

603000.815

4806842.129

Parcela

Vermello

114

602968.657

4806774.174

Parcela

Vermello

115

602957.594

4806756.013

Parcela

Vermello

116

602946.758

4806740.951

Parcela

Vermello

117

602937.247

4806729.017

Parcela

Vermello

118

602909.846

4806698.786

Parcela

Vermello

119

602890.810

4806678.966

Parcela

Vermello

120

602870.723

4806661.920

Parcela

Vermello

121

602827.001

4806634.366

Parcela

Vermello

122

602809.441

4806615.004

Parcela

Vermello

123

602781.375

4806569.601

Parcela

Vermello

124

602763.196

4806538.494

Parcela

Vermello

125

602747.484

4806516.174

Parcela

Vermello

126

602733.483

4806502.136

Parcela

Vermello

127

602705.361

4806487.226

Parcela

Vermello

128

602675.048

4806476.954

Parcela

Vermello

129

602646.792

4806458.486

Parcela

Vermello

130

602621.294

4806433.767

Parcela

Vermello

131

602600.026

4806411.883

Parcela

Vermello

132

602585.765

4806398.301

Parcela

Vermello

133

602556.069

4806387.732

Parcela

Vermello

134

602522.171

4806393.561

Parcela

Vermello

135

602493.415

4806409.406

Parcela

Vermello

136

602465.486

4806425.805

Parcela

Vermello

137

602439.676

4806440.769

Parcela

Vermello

138

602400.615

4806464.555

Parcela

Vermello

139

602361.227

4806503.581

Parcela

Vermello

140

602334.782

4806528.702

Parcela

Vermello

141

602303.355

4806541.678

Parcela

Vermello

142

602281.392

4806539.728

Parcela

Vermello

143

602261.620

4806538.470

Parcela

Vermello

144

602225.762

4806544.107

Parcela

Vermello

145

602224.863

4806550.197

Parcela

Vermello

146

602299.963

4806559.937

Parcela

Vermello

147

602297.563

4806625.778

Parcela

Vermello

148

602261.863

4806631.498

Parcela

Vermello

149

602261.673

4806634.130

Parcela

Vermello

150

602272.569

4806630.679

Parcela

Vermello

151

602290.831

4806627.225

Parcela

Vermello

152

602308.737

4806630.066

Parcela

Vermello

153

602327.571

4806635.421

Parcela

Vermello

154

602336.033

4806647.840

Parcela

Vermello

155

602345.014

4806660.075

Parcela

Vermello

156

602358.238

4806670.220

Parcela

Vermello

157

602372.640

4806685.660

Parcela

Vermello

158

602387.400

4806701.775

Parcela

Vermello

159

602405.941

4806708.858

Parcela

Vermello

160

602417.924

4806723.433

Parcela

Vermello

161

602431.577

4806751.962

Parcela

Vermello

162

602452.954

4806769.885

Parcela

Vermello

163

602469.390

4806787.873

Parcela

Vermello

164

602460.101

4806806.591

Parcela

Vermello

165

602453.720

4806813.115

Parcela

Vermello

166

602451.413

4806820.550

Parcela

Vermello

167

602427.672

4806854.317

Parcela

Vermello

168

602420.164

4806862.833

Parcela

Vermello

169

602422.165

4806867.230

Parcela

Vermello

170

602427.226

4806869.931

Parcela

Vermello

171

602427.057

4806871.852

Parcela

Vermello

172

602423.807

4806869.725

Parcela

Vermello

173

602421.343

4806867.862

Parcela

Vermello

174

602419.621

4806863.992

Parcela

Vermello

175

602416.208

4806864.814

Parcela

Vermello

176

602404.935

4806864.358

Parcela

Vermello

177

602390.253

4806858.757

Parcela

Vermello

178

602358.700

4806839.461

Parcela

Vermello

179

602337.429

4806840.754

Parcela

Vermello

180

602324.821

4806835.419

Parcela

Vermello

181

602322.708

4806839.291

Parcela

Vermello

182

602354.393

4806886.521

Parcela

Vermello

183

602342.842

4806890.437

Parcela

Vermello

184

602326.578

4806892.946

Parcela

Vermello

185

602325.217

4806890.969

Parcela

Vermello

186

602289.862

4806900.012

Parcela

Vermello

187

602461.688

4807043.948

Parcela

Vermello

188

602427.264

4807062.923

Parcela

Vermello

189

602424.754

4807060.453

Parcela

Vermello

190

602373.515

4807087.688

Parcela

Vermello

191

602330.311

4807115.446

Parcela

Vermello

192

602385.443

4807177.376

Parcela

Vermello

193

602445.922

4807241.020

Parcela

Vermello

194

602495.225

4807292.633

Parcela

Vermello

195

602502.605

4807297.940

Parcela

Vermello

196

602527.399

4807282.574

Parcela

Vermello

197

602548.457

4807267.523

Parcela

Vermello

198

602607.643

4807278.283

Parcela

Vermello

199

602621.465

4807290.801

Parcela

Vermello

200

602637.025

4807284.953

Parcela

Vermello

201

602703.599

4807297.621

Parcela

Vermello

202

602728.262

4807294.714

Parcela

Vermello

203

602741.554

4807297.668

Parcela

Vermello

204

602743.267

4807275.776

Parcela

Vermello

205

602747.767

4807258.446

Parcela

Vermello

206

602751.767

4807246.336

Parcela

Vermello

207

602758.967

4807231.715

Parcela

Vermello

208

602767.267

4807217.245

Parcela

Vermello

209

602771.867

4807208.015

Parcela

Vermello

210

602774.467

4807199.275

Parcela

Vermello

211

602777.267

4807189.865

Parcela

Vermello

212

602777.954

4807182.782

Parcela

Vermello

213

602817.556

4807163.028

Parcela

Vermello

214

602848.359

4807147.514

Parcela

Vermello

215

602875.748

4807137.672

Parcela

Vermello

216

602853.811

4807033.171

Parcela

Vermello

5. Planos.

missing image file