Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 635/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 635/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica García González contra Maruchi 2008 Peluquería, S.L., María José Martínez Alvariño, Mafiar, S.C., Aroa Chaudarca Martínez e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Desestimo a demanda formulada pola representación procesual da parte demandante fronte a Maruchi 2008 Peluquería, S.L., con absolución dos pedimentos deducidos fronte a ela.

Estimo a demanda formulada pola representación procesual da parte demandante fronte a Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarca Martínez na súa condición de socias da SC demandada e, en consecuencia:

1. Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une a parte demandante coa sociedade demandada.

2. Condénanse as demandadas a aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de 10.595,19 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, así como a cantidade de 5.691.44 euros en concepto de salarios debidos máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte de aplicación do artigo 33 do ET con notificación desta resolución.

Non se fai imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Maruchi 2008 Peluquería, S.L., María José Martínez Alvariño, Mafiar, S.C. e Aroa Chaudarca Martínez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza