Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a Resolución do 2 de abril de 2019 pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto da ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, no río Furelos, concellos de Melide e Santiso (clave 2017/0139).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de abril de 2019 do proxecto da ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, no río Furelos, concellos de Melide e Santiso (A Coruña), promovido por Hidroeléctrica Lumymey, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático