De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 5 de abril de 2019, relativa ao proxecto de reformas nos procesos de lacaxe e extrusión, e outros cambios nas instalacións do complexo industrial de tratamento de perfís de aluminio en Estramundi, nos concello de Padrón e Rois (A Coruña), promovido por Aluminios Cortizo, S.A.
Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático