Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago (PE-1) para a ampliación de usos no EM-9 (Seminario Menor-Belvís).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de marzo de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), para a ampliación de usos no EM-9 (Seminario Menor-Belvís), promovida polo Arcebispado de Santiago de Compostela, segundo o documento reformado presentado o 5 de marzo de 2019, redactado polo arquitecto Ricardo Sáez Díaz.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación puntual do Plan especial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28 de xuño de 2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais