Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20034

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Ourense

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019 pola que se anuncia unha poxa de armas.

De conformidade co artigo 165 do vixente Regulamento de armas, ás 10.00 horas do día 3 de xuño de 2019, na Comandancia da Garda Civil de Ourense, na rúa Bieito Amado, 17, procederase, polo procedemento de prego pechado, ao alleamento en poxa pública de 334 armas (escopetas, rifles, carabinas, pistolas e revólveres).

As ditas armas serán expostas ao público na citada comandancia desde o día 27 ao 31 de abril, das 9.00 ás 13.00 horas.

Ourense, 1 de abril de 2019

Manuel Javier Novo Colldefors
Tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense