Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 215/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 215/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Vidal Blanco contra Desarrolla Obras y Servicios, S.L., Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L.U., sobre seguridade social, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Francisco José Vidal Blanco, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, debo declarar e declaro que o proceso de incapacidade temporal iniciado por Francisco José Vidal Blanco o 6 de setembro de 2016 deriva de continxencia laboral e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas a avirse a tal declaración dentro das súas respectivas responsabilidades, con absolución das entidades Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L. e Desarrolla Obras y Servicios, S.L., ao non resultar acreditada a súa responsabilidade no presente procedemento, que deberá ser exercida logo do esgotamento da vía administrativa mediante un procedemento separado.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Desarrolla Obras y Servicios, S.L. e Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza