Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19966

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 16 de abril de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 18979, artigo 5, onde di:

«Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas. Neste caso a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras. Actuación 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos todas as solicitudes, independentemente do tipo de beneficiario de que se trate, faranse a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión que actuarán como entidades colaboradoras»,

Debe dicir:

«Actuación1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas. Neste caso, a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras excepto cando o solicitante sexa o sector público, que poderá solicitar directamente». Actuación 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. As solicitudes, salvo cando o beneficiario sexa o sector público que poderá solicitar directamente, faranse a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión que actuarán como entidades colaboradoras».

Na páxina 19000, artigo 23, número 2, onde di:

«Para o cobramento polo solicitante da subvención concedida, a entidade colaboradora, para a Actuación 1 ou 2, ou o beneficiario, para a Actuación 3 ou 4, deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cumprimentarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal)»,

Debe dicir: «Para o cobramento polo solicitante da subvención concedida, a entidade colaboradora ou a entidade integrante do sector público directamente, para a Actuación 1 ou 2, ou o beneficiario, para a Actuación 3 ou 4, deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal)».