Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2018/475-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

– Denominación: soterramento tramo ROS806-807.

– Situación: O Rosal.

– Características técnicas: LMT aérea a 20 kV en tres actuacións:

1. 117 metros con condutor LA-110; orixe: apoio existente nº 1; final: apoio proxectado nº 2.

2. 45 metros con condutor LA-30; orixe: apoio proxectado nº 3; final: apoio existente nº 4.

3. 162 metros con condutor LA-110; orixe: apoio proxectado nº 6; final: apoio existente nº 7.

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en dúas actuacións:

1. 544 metros; orixe: paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado 2; final: PAS no apoio proxectado nº 6.

2. 223 metros; orixe: PAS no apoio proxectado nº 2; final: PAS no apoio proxectado nº 3.

A instalación está situada en Sandián, O Rosal.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 14 de marzo de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra