Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19758

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1267/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1267/2016 desta sala, seguido por instancia de David Oliveros Fernández contra o Fogasa, Telepizza, S.A.U.; Pulgar Pizza, S.L. e a Administración Concursal de Pulgar Pizza, S.L. (José Manuel Cortegoso Iglesias), sobre reclamación de cantidade, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou o Auto do 21 de febreiro de 2019 cuxa parte dispositiva di:

«A Sala acorda:

Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Mariña Vázquez Rodríguez, en nome e representación de David Oliveros Fernández contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de outubro de 2016, no recurso de suplicación número 1267/2016, interposto por David Oliveros Fernández, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, do 14 de decembro de 2015, no procedemento número 1048/2014, seguido por instancia de David Oliveros Fernández contra Pulgar Pizza, S.L., a súa administración concursal na persoa de José Manuel Cortegoso Iglesias, Telepizza, S.A.U. e con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pulgar Pizza, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza