Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19756

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4718/2018-GA).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4718/2018-GA desta sala, seguido por instancia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural e do Mar contra a Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), Norfor Maderas, S.A., Elena Pérez Lains, PG Galicia, S.L.; Norseco, S.L. e Norte Forestal, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Primeiro. Rexeitar o recurso de suplicación interposto pola Xunta de Galicia fronte á Sentenza do 9 de xullo de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra nos autos de despedimento número 410/2017, seguidos por instancia de Elena Pérez Lains. Todo iso confirmando a sentenza de instancia.

Segundo. Condénase en custas a recorrente. Tales custas comprenderán os honorarios do/da avogado/a ou do/da graduado/a social colexiado da parte contraria que actuase no recurso en defensa ou en representación técnica da parte co importe de 601 euros.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa PG Galicia, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza