Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19726

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións para a execución das obras de fresado e reposición de vías no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 2 de abril de 2019, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de fresado e reposición de vías no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de fresado e reposición de vías no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, e nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao do asinamento da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

O prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, salvo que algunha das partes exprese a vontade da súa resolución cunha antelación mínima dun mes á data de remate deste e, en todo caso, ata que as obras sexan recibidas pola Administración.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde