Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18857

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico con Aluminios Cortizo, S.A.

O Pleno do Concello de Rois, na sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de marzo de 2019, aprobou por unanimidade dos presentes o texto inicial do convenio urbanístico entre o Concello de Rois e Aluminios Cortizo, S.A., co fin de monetizar o aproveitamento urbanístico que lle corresponde ao Concello no proxecto sectorial de incidencia supramunicipal instado pola empresa.

En aplicación do establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o citado convenio a información pública mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

O que se fai público para que durante o período dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación, as persoas interesadas poidan consultar o texto íntegro do convenio nas oficinas municipais, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web www.concelloderois.org, e poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

Rois, 27 de marzo de 2019

Ramón Tojo Lens
Alcalde