Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento municipal deste concello.

Unha vez aprobado inicialmente mediante o Decreto da Alcaldía 326/2019, do 11 de marzo, o expediente de modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Vimianzo, de redelimitación de núcleos rurais nas parroquias de Bamiro, Tines e Treos, de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a exposición pública polo prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, o dito expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Vimianzo, 14 de marzo de 2019

Manuel Antelo Pazos
Alcalde