Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario administrativo-xefe da unidade administrativa, subgrupo C1.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 25 de marzo de 2019, nomeouse funcionario de carreira do Concello de Ponteceso a Emilio Caínzos Quintás, DNI ***0609**, candidato aprobado e proposto pola comisión de valoración do procedemento selectivo mediante concurso, segundo a convocatoria e as bases publicadas no BOP núm. 25, do 5 de febreiro de 2019, e no DOG núm. 30, do 12 de febreiro de 2019, para o posto de traballo de administrativo-xefe da unidade administrativa.

Consonte o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, a toma de posesión realizarase no prazo de tres días hábiles desde o día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días seguintes hábiles ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para todos os efectos, o prazo de posesión considerarase como de servizo activo e os efectos económicos comezarán desde a data do cesamento no posto de procedencia.

Ponteceso, 25 de marzo de 2019

Xosé Lois García Carballido
Alcalde