Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18790

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1562/2017).

Ord. procedemento ordinario: 1562/2017

Procedemento orixe: familia. Patria potestade 1562/2017

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Claudia Zanfir

Procuradora: María Paz Feijoo-Montenegro Rodríguez

Avogada: Antonia Conde López

Demandado: Nicusor Ratoi

No procedemento de referencia foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia extinción patria potestade nº 326/19.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 14 de marzo de 2019.

Vistos os presentes autos nº 1562/17 sobre extinción da patria potestade promovidos pola procuradora Sra. Feijoo-Montenegro en nome e representación de Claudia Zanfir e baixo a dirección letrada de Sra. Conde contra Nicusor Ratoi, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Feijoo-Montenegro en nome e representación de Claudia Zanfir e acordo extinguir a patria potestade de Nicusor Ratoi en relación coa menor A.D.R., con todas as consecuencias que lle son inherentes.

Unha vez firme a presente resolución, mándense os oficios pertinentes ao Rexistro Civil. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que a presente resolución non é firme e que contra ela cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este xulgado.

Así o acorda, manda e asina».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Nicusor Ratoi, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza