Publicada a oferta de emprego público para o ano 2017, por resolucións do 7 de xuño de 2017 e de 12 de decembro de 2017.
De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG de 17 de outubro), na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que por Resolución do 4 de abril de 2019 se convoca un concurso para a provisión de catro prazas de profesor contratado doutor.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 4 de abril de 2019
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente