Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18522

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (582/2017).

No presente procedemento de xuízo verbal 582/2017 seguido por instancia de Comunidade de Propietarios Matilde Lloria, nº 4, fronte a María Luz Figueira Rodríguez e Raúl Otero Rolan, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 52/2019.

En Ourense o 31 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 582 do ano 2017, por instancia da procuradora Sra. Sánchez Izquierdo en nome e representación da Comunidade de Propietarios Matilde Lloria, nº 4, asistida do letrado Sr. Besteiro Álvarez, e como demandados María Luz Figueira Rodríguez e Raúl Otero Rolan, ambos en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolución:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Matilde Lloria, nº 4, asistida do letrado Sr. Besteiro Álvarez, e como demandados María Luz Figueira Rodríguez e Raúl Otero Rolan, en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a aboar de forma solidaria á parte demandante a cantidade de 4.424 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

E atopándose os ditos demandados, María Luz Figueira Rodríguez e Raúl Otero Rolan, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 22 de febreiro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza