Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18520

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3223/2018).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3223/2018 desta sección, seguido por instancia de Verísimo José Folgar Fraga contra o Fogasa, Intertrans Moncho, S.L.; Transportes Anmasa 2014, S.L.; Juan José Ruzo Cruz e Transportes de Mercancías Personalizados, S.C., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que rexeitamos o recurso de suplicación formulado por Verísimo José Folgar Fraga contra a sentenza ditada o 26.1.2018 polo Xulgado do Social número 5 da Coruña nos autos nº 874-17, sobre despedimento, contra Intertrans Moncho, S.L.; Juan José Ruzo Cruz, Transportes Anmansa 2014, S.L.L.; Transportes de Mercancías Personalizados, S.L. (Toppers Santa Cristina, S.L.), o Fogasa e o Ministerio Fiscal, resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 ****++).

Unha vez firme, expídase a certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Transportes de Mercancías Personalizados, S.C., con último domicilio coñecido en r/ Orquídeas, bloque 53, planta 3ª, portal 10, A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza