Josefa Patiño Barral, con DNI 32157868G, nada en Oleiros (A Coruña) o 15 de outubro de 1919, faleceu o 6 de marzo de 2014 no Hospital Xeral de Vigo, constando como o seu derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, a rúa Montecelo, nº 31, de Vigo, datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 21 de marzo de 2019, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,
ACORDO:
1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Patiño Barral.
2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Oleiros e de Vigo, así como no de calquera outro en que durante a instrución do procedemento se detecten bens da persoa causante.
O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.
Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2018/0005, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.
Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a que se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda