Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 25 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica á persoa interesada o acordo ditado no procedemento de reintegro do expediente PR911A 2017/59.

Intentada a notificación do acordo a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non puido efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo ditado no procedemento de reintegro.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do acordo nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes.

Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2017/59.

Persoa interesada: 54939914K.

Acto notificado: Acordo do 4 de marzo de 2019 polo que se inicia o procedemento de reintegro do importe de 3.825 € correspondente ao terceiro pagamento da bolsa concedida, ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de 100 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.