Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

Unha vez rematado o proceso selectivo para a cobertura, en quenda de promoción interna, de catro vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017 do Concello de Fene mediante Resolución da Alcaldía núm. 264, do 13 de marzo de 2019, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira da escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, as persoas aprobadas que se relacionan a seguir, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os postos que figuran na seguinte táboa:

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

1

***7322**

Aneiros Landrove, José Manuel

03.02.00.02

2

***7058**

García Monteagudo, Paula

01.03.00.05

3

***6230**

Horjales Vilariño, Fernando

01.03.00.06

4

***7512**

Pérez López, Ana

03.02.00.05

Segundo. Condicionar a adquisición das devanditas prazas de funcionarios/as de carreira a que as persoas anteriormente relacionadas formalicen, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, a súa toma de posesión no prazo dun mes, que comenzará a computar a partir do dia seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar a presente resolución no DOG, no BOP, no taboleiro de edictos e na web.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro); significándolle que se interpón o recurso de reposición, non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido o rexeitamento por silencio administrativo do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase rexeitado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa. Poden interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se teña producido o rexeitamento por silencio administrativo do recurso de reposición interposto.

Non obstante, poderá impugnar directamente o acto que se lle notifica ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa segundo establece o artigo 123.1 da citada Lei 39/2015. Para tal efecto, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Fene, 13 de marzo de 2019

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde