Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de requirimento do cumprimento das obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal (expediente 4491/2018).

De conformidade co disposto no punto oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies árboreas, impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificacións practicaranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados dispoñerán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, mediante a comparecencia nas dependencias municipais, na r/ Curros Enríquez, nº 15, Xinzo de Limia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Xinzo de Limia, 21 de marzo de 2019

Manuel Cabas López
Alcalde

ANEXO

Expediente: 4491/2018.

Interesados: herdeiros de Corbal Díaz Aurelia.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal.

Referencia catastral: 0621619 PG160 S0001 EI.