Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2018/428-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS Valongo-Ceraxe e CT O Campo.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 1.602 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) que se vai realizar no apoio 4EM00119 da LMT derivación a Valongo e final no PAS que se vai realizar nun apoio proxectado na LMT subderivación a Ceraxe, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 100 kVA, con RT 20 kV/420 V, situado no Campo, Valongo, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 26 de decembro de 2018, no BOP do 14 de decembro de 2018, no xornal Faro de Vigo do 7 de decembro de 2018 e no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdedo-Cotobade. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra