Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 164/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 164/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Pérez Naveiro contra Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Juan Manuel Capella Pérez sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 164/2018 sobre despedimento obxectivo individual seguidos por instancia de José Luis Pérez Naveiro, asistido da letrada Sra. Laura Prieto Curras contra Campiñas de Laiño, S.A. e Refojo y González, S.L., representadas e asistidas polo letrado Manuel López Núñez, e contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., representado e asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, contra Hipescar, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa.

Resolvo

Estímase a demanda presentada por instancia de José Luis Pérez Naveiro contra Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen ao demandante a cantidade de 28.375,33 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 44,16 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018 ata a data desta sentenza, por importe de 17.399,04 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a aterse á anterior declaración e condena.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e firma».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza