Eu, Encarnación Mercedes Tubio Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 163/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Agrelo Giadans contra Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Juan Manuel Capella Pérez sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
«Sentenza
En Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019.
Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 163/2018 sobre despedimento obxectivo individual seguidos a instancia de Ramón Agrelo Giadans, asistido da letrada Laura Prieto Curras contra Campiñas de Laiño, S.A. e Refojo y González, S.L., representadas e asistidas polo letrado Manuel López Núñez, e contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., representado e asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, contra Hipescar, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa.
Resolvo
Estímase a demanda presentada a instancia de Ramón Agrelo Giadans contra Campiñas de Laiño, S.A., Refojo e González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen ao demandante a cantidade de 53.124,73 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 54,28 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018 ata a data desta sentenza, por importe de 21.386,32 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.
Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laiño, S.A., a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a aterse á anterior declaración e condena.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e firma».
E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019
A letrada da Administración de xustiza