Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de marzo de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-80/2018 por infracción en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícanselle á persoa que no anexo se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-80/2018, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a proposta resolución así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias desta Área Provincial, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta proposta de resolución poderá, no prazo de dez (10) días, contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes, ante o instrutor do procedemento.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, informáse a persoa imputada de que a sanción sinalada na proposta de resolución poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 21 de marzo de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-80/2018.

Titular sancionada: Fernanda Feitosa Ramos.

Establecemento: Río Rita.

Domicilio: Muralla, 19-3º B.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 15 de febreiro de 2019.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 900 euros.