Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria do posto de libre designación de xefe/a do Servizo de Persoal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 40, do 26 de febreiro de 2019, publicáronse a bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 16 de febreiro de 2019, relativas á seguinte convocatoria do posto de libre designación:

– 1 posto de xefe/a do Servizo de Persoal.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 18 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración