Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 88/2019 interposto por José David Díaz Vázquez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 88/2019 interposto por José David Díaz Vázquez contra a desestimación por silencio administrativo de recurso de reposición contra a Resolución reitoral, do 13 de decembro de 2018, de convocatoria de proceso selectivo para a contratación temporal de técnicos de promoción e mellora da I+D+i na Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de marzo de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo