Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para prover, polo sistema de concurso específico, o posto de xefe/a do Departamento de Control Financeiro e Fiscalización.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 41, do 27 de febreiro de 2019, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de febreiro de 2019, referente á convocatoria para prover o seguinte posto de traballo polo sistema de concurso específico:

1 posto de xefe/a do Departamento de Control Financeiro e Fiscalización.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 18 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración