Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17143

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (606/2018).

Eu, Raquel Romero Iglesias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no presente procedemento SCT 606/2018, seguido por instancia de María del Carmen Mariño Rodríguez fronte a Francisco Franco Otero, se ditou sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

«Sentenza: 45/2019.

Resolución:

Estímase a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Mª Dolores García de los Mozos, en nome e representación de María del Carmen Mariño Rodríguez, fronte a Francisco Franco Otero, e, na súa virtude, debo declarar e declaro a separación xudicial do matrimonio contraído entre ambos o 8 de decembro de 1969, con todos os efectos legais que esta declaración comporta.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Unha vez firme esta sentenza, remítase testemuño dela ao Rexistro Civil de León, no cal aparece inscrito o matrimonio, para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ao matrimonio dos cónxuxes a que afecta.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, contra a cal cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación desta sentenza, logo de constitución dun depósito de 50 € e do aboamento da correspondente taxa, recurso que será resolto pola Audiencia Provincial.

Así, por esta sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

En relación cos datos de carácter persoal, sobre a súa confidencialidade e prohibición de transmisión ou comunicación por calquera medio ou procedemento, deberán ser tratados exclusivamente para os fins propios da Administración de xustiza (ex Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal)».

E ao estar o dito demandado, Francisco Franco Otero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza