Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 6/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 6/2019, seguido por instancia de María del Carmen Sánchez Barreiro contra Hostelería Heroica, S.L.U., sobre despedimento improcedente, se ditou Auto do 28 de febreiro de 2019 polo que se declarou extinguida a relación laboral das partes, contra o cal se poderá interpor recurso directo de reposición no prazo de tres días. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza