Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2018084AL-LU por infracción en materia sanitaria.

Con data do 4 de febreiro de 2019, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2018084AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA, Santander ou https://ovt.atriga.gal, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 13 de marzo de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018084AL-LU.

CIF da persoa interesada: A37059334.

Último enderezo coñecido: praza Puerta Zamora, 4-6, entreplanta, oficina 9, 37005 Salamanca.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Tipificación: unha infracción leve.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.