Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019015AL-LU por infracción en materia sanitaria.

Con data do 25 de febreiro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019015AL-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícase á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio alcanzará o carácter de proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 13 de marzo de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2019015AL-LU.

CIF da persoa interesada: G24618118.

Último enderezo coñecido: rúa Gran Vía, 1, 28220 Majadahonda (Madrid).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria. Tamén se confirma a medida provisional de suspensión da actividade adoptada polo persoal inspector veterinario de saúde pública con data do 14.2.2019.

Tipificación provisional: unha infracción grave e unha leve.

Sanción proposta: cinco mil trescentos un euros (5.301,00 €).