Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16945

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade dos acordos de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos acordos de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria no terceiro cuadrimestre do ano 2018 e que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Acordo

Obxecto

Importe económico

Data
da sinatura

Duración

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade do desenvolvemento de traballos de apoio en sistemas de información

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre Fogga e Amtega no soporte dos sistemas de información de xestión, control e pagamento das axudas directas da Política Agraria Común (PAC) e medidas de desenvolvemento rural establecidas no ámbito do sistema integrado (sistema SGAPAC)

150.000 €

4.12.2018

Anualidades 2019, 2020 e 2021