Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16768

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO sobre a corrección de erros en planos do Plan especial de equipamento en solo rústico do Sporting Club Casino.

O Pleno da corporación, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Corrixir os erros materiais detectados nos seguintes planos do Plan especial de equipamento en solo rústico Sporting Club Casino: INF-01-planeamento vixente, INF-02-SIOSE 2005 INF-03-pendentes, INF-04-orientación de ladeiras, INF-05-LIDAR-alturas, INF-06-foto aérea 1956, INF-07-usos do solo-Sixpac, INF-08-foto aérea actual, INF-09-parcelas catastrais-ámbito segundo levantamento topográfico, INF-11-seccións xerais do terreo e instalacións existentes, RF-01-rede fluvial-servidume e zona de policía e RF-01-rede fluvial-servidume e zona de policía, que se aproban neste acto.

Segundo. Remitir o acordo da corrección de erros materiais á consellería competente en materia de urbanismo, xunto cos planos corrixidos, para a súa inscripción no rexistro de planeamento urbanístico de Galicia.

Terceiro. Publicar o acordo de corrección de erros materiais no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Que se realice a anotación complementaria acreditativa da rectificación de erros no instrumento aprobado polo Pleno en sesión de data 25 de outubro de 2018.

Quinto. Notificar o presente acordo aos interesados.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 10, en concordancia cos artigos 8.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente».

Culleredo, 20 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Resolución do 10.11.2017, BOP núm. 218 do 16 de novembro)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado de Urbanismo