Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento do xefe do Servizo de Infraestruturas.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 25 de marzo de 2019, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo de Infraestruturas deste concello, aprobada mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de decembro de 2018 (DOG núm. 248, do 31 de decembro).

Segundo. Adxudicar a Fernando Santiago Martínez López o posto de traballo de xefe do Servizo de Infraestruturas, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 31 de agosto de 2017, e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Cd. U.

org.

Unidade org.

Ref. pto.

Pto. traballo

Dot.

Gr.

N/C

Escala

RE

Req. esp.

Element. espec.

TP

FP

UE

Adm.

Observac.

Infraest.

IE0000

Infraestruturas

1795

X. Servizo

1

A1

28

AX/AE

F

5301-03

FR14 ED

N

LD

N

TD

Criterios establecidos nos artigos 17.4.a) 2 e 4.e) das normas de gestión

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión de posto de traballo obxecto desta convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles esta resolución ao interesado e ao director de Espazo Público e Equipamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración