Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16676

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 14 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser candidatos a director/a e o procedemento de selección. Entre os requisitos para presentar candidatura á dirección, o artigo 134.1.c) da lei inclúe o de estar en posesión da certificación acredidativa de ter superado un curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva, impartido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou polas administracións educativas das comunidades autónomas e establece tamén que as características do curso de formación serán desenvolvidas regulamentariamente polo Goberno e que as certificacións terán validez en todo o territorio nacional.

As características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva foron establecidas polo Real decreto 894/2014, do 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva (BOE núm. 270, do 7 de novembro), que na súa disposición transitoria única, punto 1, estableceu que a partir dos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, o persoal docente que estivese en posesión de habilitacións ou acreditacións da dirección de centros públicos expedidas con anterioridade á entrada en vigor da mencionada lei podería participar nos procedementos selectivos de dirección de centros públicos tras a superación dun curso de actualización de competencias directivas sen necesidade de realizar o curso de formación. Así mesmo, no punto 2 da mencionada disposición transitoria única establécese o mesmo para os que, no momento da entrada en vigor da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, ou durante os cinco anos seguintes, estivesen exercendo un posto de director ou directora nun centro docente público. Así mesmo, establécese que a superación dun curso de actualización de competencias directivas en ningún caso será necesaria para a renovación do nomeamento da dirección, prevista no artigo 136.2 da mencionada lei.

No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do/da candidato/a e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2018/19 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDA:

Artigo 1. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Artigo 2. Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección

2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

Para estes únicos efectos e de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, enténdese que reúne o requisito o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñasen funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos.

d) Estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva, ou curso de actualización de competencias directivas, tal e como se establece no Real decreto 894/2014, do 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 134.1.c) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, impartido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas.

Serán, así mesmo, válidas a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 134.1.c) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

e) Estar en situación de servizo activo e estar prestando servizos nun centro educativo ou organismo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de servizo activo, poderán presentarse tamén os que reúnan os requisitos relacionados nas letras a), b), c) e d) do punto anterior sempre que o último centro en se que se prestou servizos sexa dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e se reúnan os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2019.

f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.

2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente, deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensinanza secundaria obrigatoria poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo sempre que cumpra os requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Así mesmo, de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñasen funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos e reúnan os restantes requisitos sinalados nos puntos anteriores.

2.5. De conformidade co establecido no artigo 15.4 do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, a avaliación negativa do desempeño da dirección e causa de exclusión da participación no concurso de méritos para acceder á dirección dun centro docente público durante un período de tres anos.

Artigo 3. Solicitudes e documentación

3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da provincia correspondente e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.

Cómpre sinalar que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que quen non a teña deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario.

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) De ser o caso, documentación acreditativa de ter superado o curso de formación ou o curso de actualización sobre o desenvolvemento da función directiva.

c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, unha análise da situación, as áreas de mellora, os obxectivos do proxecto, as liñas de actuación, a súa temporalización, os recursos e a organización do centro e os indicadores para a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ao previsto nos artigos 17 e 18 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

O proxecto de dirección non excederá os 30 folios DIN A4, nun tipo de letra Times New Roman; tamaño de letra 12; espazo entre liñas 1,5.

3.2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande, ata un máximo de dúas.

3.3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

3.4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar no Rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais ou en calquera das dependencias a que se alude no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de ser certificada.

3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que constan no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de requirirlles en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedesen, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2. desta orde.

Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reunise os requisitos exixidos na presente orde, a comisión de selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou xunte os documentos preceptivos no prazo de 10 días hábiles desde a súa notificación e coa indicación de que, se así non o fixese, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.

Artigo 5. Comisión de selección

5.1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que terá como sede a localidade e local que decida a súa Presidencia e que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que exercerá a Presidencia.

b) Tres inspectores/as ou directores/as de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

d) Un membro do consello escolar, elixido por e entre os membros do consello escolar. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

5.2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do claustro de profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, no caso de empate, o máis novo.

5.3. A representación do consello escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

5.4. En ningún caso, as persoas candidatas á Dirección poderán formar parte da comisión de selección.

5.5. Designaranse suplentes das persoas membros da comisión de selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuarán en substitución das persoas titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destas.

5.6. Ás persoas membros da comisión de selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5.7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do claustro e do consello escolar na comisión de selección á xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de remate do prazo de solicitudes establecido no artigo catro desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións do mesmo.

5.8. A non elección das persoas representantes do claustro de profesores ou do consello escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da comisión de selección.

5.9. A composición da comisión de selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Artigo 6. Composición da comisión de selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da comisión de selección será a seguinte:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que exercerá á presidencia.

b) Dous/dúas inspectores/as ou directores/as de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

c) Un profesor ou profesora do centro elixida polo claustro de profesorado.

d) Un membro do consello escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Artigo 7. Funcións da comisión de selección e procedemento de funcionamento

7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a comisión de selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.

7.2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

7.3. A comisión de selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.

7.4. A comisión de selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

7.6. Contra as puntuacións outorgadas pola comisión de selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

7.7. Cada persoa membro da comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.

Artigo 8. Selección das candidaturas

8.1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a comisión de selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

8.3. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estas dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

8.4. Se un candidato ou candidata resultase seleccionado/a para dous centros, nomearase no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Artigo 9. Recursos

Contra a decisión da comisión de selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigo 10. Nomeamento

10.1. A xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.

10.2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2019 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

10.3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, oído o claustro de profesores e o consello escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde.

Disposición adicional primeira. Nomeamento excepcional

Poderá participar neste concurso de méritos o persoal docente que non reúna o requisito establecido no artigo 2.d) da presente orde. Estas persoas poderán ser seleccionadas naqueles centros en que non haxa persoas candidatas e o seu nomeamento farase coa obriga de realizar o curso de formación ou, se fose o caso, de actualización de competencias directivas que convoque a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/20.

Tamén, con carácter excepcional, poderán nomearse directoras e directores extraordinarios ou accidentais que non reúnan o requisito establecido no artigo 2.d) da presente orde.

Disposición adicional segunda. Impugnación da orde

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Centros con praza vacante de dirección para o curso 2019/20

Código

Centro

Concello

Provincia

15019301

CPI de San Vicente

A Baña

A Coruña

15005385

CEE María Mariño

A Coruña

A Coruña

15019323

CEIP Alborada

A Coruña

A Coruña

15004991

CEIP Cidade Vella

A Coruña

A Coruña

15027241

CEIP Juan Fernández Latorre

A Coruña

A Coruña

15019311

CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino

A Coruña

A Coruña

15025025

CEIP San Francisco Javier

A Coruña

A Coruña

15024902

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

A Coruña

A Coruña

15023417

CEP Pilar Maestu Sierra

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15013199

CEP Salustiano Rey Eiras

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15000016

CEIP Plurilingüe San Marcos

Abegondo

A Coruña

15025220

CEP Plurilingüe de Ventín

Ames

A Coruña

15021779

CEIP da Castellana

Aranga

A Coruña

15023041

CEIP de Galán

Arteixo

A Coruña

15000363

CEIP Ponte dos Brozos

Arteixo

A Coruña

15032376

EEI de Vilarrodís-Oseiro

Arteixo

A Coruña

15026194

CEIP Plurilingüe A Fraga

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15013643

CEIP Plurilingüe A Magdalena

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15013591

CEIP Plurilingüe Santa María

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15001367

CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

Boiro

A Coruña

15021500

CEIP Santa Baia

Boiro

A Coruña

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

Boiro

A Coruña

15001847

CEIP Plurilingüe de Pedrouzos

Brión

A Coruña

15002050

CEIP O Areal

Camariñas

A Coruña

15002086

CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto

Camariñas

A Coruña

15002165

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Cambre

A Coruña

15002578

CEIP Fogar

Carballo

A Coruña

15021524

CEIP Plurilingüe A Cristina

Carballo

A Coruña

15027393

CEIP Xesús San Luís Romero

Carballo

A Coruña

15032251

CRA Ponte da Pedra

Carballo

A Coruña

15011661

CEIP Manuel Fraga Iribarne

Cariño

A Coruña

15002761

CEIP de Carnota

Carnota

A Coruña

15003054

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

15003248

CEIP Plurilingüe Eugenio López

Cee

A Coruña

15020970

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Cerceda

A Coruña

15003534

CEIP da Barqueira

Cerdido

A Coruña

15003807

CEIP de Bormoio-Agualada

Coristanco

A Coruña

15026480

CRA Novo Mencer

Coristanco

A Coruña

15027253

CEIP Isaac Díaz Pardo

Culleredo

A Coruña

15005828

CEIP Plurilingüe de Tarrío

Culleredo

A Coruña

15032492

CRA de Dodro

Dodro

A Coruña

15021810

CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Dumbría

A Coruña

15022981

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Fene

A Coruña

15020982

CEIP Plurilingüe O Ramo

Fene

A Coruña

15006729

CEE Terra de Ferrol

Ferrol

A Coruña

15024227

CEIP de Pazos

Ferrol

A Coruña

15026960

CEIP de Ponzos

Ferrol

A Coruña

15006699

CEIP Recimil

Ferrol

A Coruña

15008398

CEIP Francisco López Estrada

Mañón

A Coruña

15008805

CEIP de Melide nº 1

Melide

A Coruña

15023910

CEIP Martagona

Melide

A Coruña

15009391

CEIP Santiago Apóstolo

Mugardos

A Coruña

15009445

CEIP Unión Mugardesa

Mugardos

A Coruña

15022310

CEIP A Gándara

Narón

A Coruña

15010058

CPI do Feal

Narón

A Coruña

15010848

CEIP Felipe de Castro

Noia

A Coruña

15025050

CEIP Ramón María del Valle-Inclán

Oleiros

A Coruña

15011981

CEIP José María Lage

Ortigueira

A Coruña

15013291

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15024963

CEIP Plurilingüe de Andrade

Pontedeume

A Coruña

15013761

CEIP de Campanario

Porto do Son

A Coruña

15013977

CEIP Santa Irene

Porto do Son

A Coruña

15027401

CEIP Ana María Diéguez

Rianxo

A Coruña

15025281

CEIP de Olveira

Ribeira

A Coruña

15014544

CEIP Plurilingüe O Grupo

Ribeira

A Coruña

15014799

CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde

Rois

A Coruña

15014829

CEIP Pedro Barrié de la Maza

Sada

A Coruña

15014881

CEIP Sada y sus Contornos

Sada

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15026777

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña

Santa Comba

A Coruña

15015652

CEIP Apóstolo Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

15016085

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Santiago de Compostela

A Coruña

15021883

CEIP de Vite I

Santiago de Compostela

A Coruña

15016292

CEIP Mestre Rodríguez Xixirei

Santiago de Compostela

A Coruña

15016012

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Santiago de Compostela

A Coruña

15017041

CEIP A Igrexa-Calo

Teo

A Coruña

15017107

CEIP da Ramallosa

Teo

A Coruña

15017314

CEIP Plurilingüe de Toques

Toques

A Coruña

15020994

CPI de Viaño Pequeno

Trazo

A Coruña

15018343

CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera

Val do Dubra

A Coruña

15026789

CEIP Baíñas

Vimianzo

A Coruña

15019372

CEIP Plurilingüe San Vicenzo

Vimianzo

A Coruña

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

A Coruña

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

15032807

IES do Milladoiro

Ames

A Coruña

15000338

CPI As Mirandas

Ares

A Coruña

15001136

IES Francisco Aguiar

Betanzos

A Coruña

15026352

IES Brión

Brión

A Coruña

15001926

CPI As Revoltas

Cabana de Bergantiños

A Coruña

15026376

IES Punta Candieira

Cedeira

A Coruña

15003212

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

15005749

IES Universidade Laboral

Culleredo

A Coruña

15021469

IES Leixa

Ferrol

A Coruña

15007400

CPI de Ponte Carreira

Frades

A Coruña

15027654

IES Agra de Leborís

A Laracha

A Coruña

15008817

IES de Melide

Melide

A Coruña

15009071

CPI Castro Baxoi

Miño

A Coruña

15027927

IES Ramón Caamaño

Muxía

A Coruña

15025268

IES As Telleiras

Narón

A Coruña

15026455

IES Terra de Trasancos

Narón

A Coruña

15027952

IES Miraflores

Oleiros

A Coruña

15026406

IES Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

15025682

IES Fraga do Eume

Pontedeume

A Coruña

15027711

IES Leliadoura

Ribeira

A Coruña

15026753

IES A Pontepedriña

Santiago de Compostela

A Coruña

15027319

IES de Sar

Santiago de Compostela

A Coruña

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

A Coruña

15017880

CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Touro

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

15019281

CPI de Zas

Zas

A Coruña

27016224

CEIP de San Cosme

Barreiros

Lugo

27000629

CEIP San Xoán

Becerreá

Lugo

27000897

CEIP Virxe do Corpiño

Begonte

Lugo

27015751

CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Burela

Lugo

27002353

CPI de Cervantes

Cervantes

Lugo

27015301

CEIP de Cervo

Cervo

Lugo

27020859

CEIP Península da Paz

Cervo

Lugo

27013697

CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla

Chantada

Lugo

27016391

CEIP O Cantel

Foz

Lugo

27014008

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Guntín

Lugo

27006395

CEIP Benigno Quiroga Ballesteros

Lugo

Lugo

27006334

CEIP das Mercedes

Lugo

Lugo

27013673

CEIP de Casás

Lugo

Lugo

27006401

CEIP Sagrado Corazón

Lugo

Lugo

27006954

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Mondoñedo

Lugo

27014847

CEIP Plurilingüe do Corgo

O Corgo

Lugo

27012826

CEIP Santa María do Valadouro

O Valadouro

Lugo

27014070

CEIP de Palas de Rei

Palas de Rei

Lugo

27010064

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Pol

Lugo

27013703

CEIP de Quiroga

Quiroga

Lugo

27011032

CEIP de San Clodio

Ribas de Sil

Lugo

27013338

CEIP Antonio Insua Bermúdez

Vilalba

Lugo

27016406

CEIP Plurilingüe de Covas

Viveiro

Lugo

27016170

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Viveiro

Lugo

27005691

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán

Xove

Lugo

27014811

IES Plurilingüe Fontem Albei

A Fonsagrada

Lugo

27016716

IES Fonmiñá

A Pastoriza

Lugo

27013958

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

Lugo

27003151

IES Lama das Quendas

Chantada

Lugo

27002997

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Cospeito

Lugo

27003655

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel

Lugo

27020707

CDAN Conservatorio Profesional de Danza

Lugo

Lugo

27015955

EOI de Lugo

Lugo

Lugo

27601509

EPAPU Albeiros

Lugo

Lugo

27015761

IES Ánxel Fole

Lugo

Lugo

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

Lugo

Lugo

27015311

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

Lugo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

27016352

IES do Camiño

Palas de Rei

Lugo

27015189

IES de Quiroga

Quiroga

Lugo

27016613

IES Río Miño

Rábade

Lugo

27013326

IES Lois Peña Novo

Vilalba

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

27013648

IES Vilar Ponte

Viveiro

Lugo

27016625

IES Illa de Sarón

Xove

Lugo

32000708

CEIP Virxe de Guadalupe

Avión

Ourense

32016340

IES Aquis Querquernis

Bande

Ourense

32002951

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

O Carballiño

Ourense

32003001

IES nº 1

O Carballiño

Ourense

32003643

CPI Virxe dos Remedios

Castro Caldelas

Ourense

32005305

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

A Gudiña

Ourense

32008033

CEIP Plurilingüe de Luíntra

Nogueira de Ramuin

Ourense

32015463

CEE Miño

Ourense

Ourense

32015529

CEE O Pino

Ourense

Ourense

32009153

CEIP Mariñamansa

Ourense

Ourense

32016030

EASD Antonio Faílde

Ourense

Ourense

32016081

EOI de Ourense

Ourense

Ourense

32009190

IES As Lagoas

Ourense

Ourense

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

Ourense

Ourense

32016455

IES Julio Prieto Nespereira

Ourense

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

Ourense

Ourense

32015177

CPI de Padrenda-Crespos

Padrenda

Ourense

32010601

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

A Pobra de Trives

Ourense

32011135

CEIP Rogelio García Yáñez

Ramirás

Ourense

32020628

CRA Amencer

Ribadavia

Ourense

32015256

CEIP das Vendas da Barreira

Riós

Ourense

32011755

CEIP Manuel Respino

A Rúa

Ourense

32016637

IES Cosme López Rodríguez

A Rúa

Ourense

32011901

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Rubiá

Ourense

32013612

IES Xesús Taboada Chivite

Verín

Ourense

32013958

CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

32014151

CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio

Ourense

32014501

CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez

Vilardevós

Ourense

32004829

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

Ourense

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

32015232

IES Lagoa de Antela

Xinzo de Limia

Ourense

36024756

CEE de Panxón

Nigrán

Pontevedra

36010733

CEE Saladino Cortizo

Vigo

Pontevedra

36019438

CEIP A Guía

Moaña

Pontevedra

36004484

CEIP da Laxe

Marín

Pontevedra

36016619

CEIP de Atín-Cela

Mos

Pontevedra

36009998

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36010228

CEIP A Paz

Vigo

Pontevedra

36015135

CEIP A Sangriña

A Guarda

Pontevedra

36016590

CEIP Abelendo

Moaña

Pontevedra

36015834

CEIP Altamar

Vigo

Pontevedra

36000031

CEIP Antonio Carpintero

Arbo

Pontevedra

36018100

CEIP As Bizocas

O Grove

Pontevedra

36018653

CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo

A Guarda

Pontevedra

36003662

CEIP Chano Piñeiro

Gondomar

Pontevedra

36009974

CEIP Coutada-Beade

Vigo

Pontevedra

36004460

CEIP de Ardán

Marín

Pontevedra

36004691

CEIP de Coirón-Dena

Meaño

Pontevedra

36014921

CEIP de Fontes-Baíña

Baiona

Pontevedra

36010137

CEIP de Igrexa-Candeán

Vigo

Pontevedra

36016644

CEIP de Laredo

Redondela

Pontevedra

36015202

CEIP de Lourido

Poio

Pontevedra

36008805

CEIP de Portonovo

Sanxenxo

Pontevedra

36018471

CEIP de Rebordáns

Tui

Pontevedra

36007709

CEIP de Reboreda

Redondela

Pontevedra

36015263

CEIP de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36001665

CEIP de Tenorio

Cercedo-Cotobade

Pontevedra

36014945

CEIP de Valeixe

A Caniza

Pontevedra

36012742

CEIP de Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36002773

CEIP do Foxo

A Estrada

Pontevedra

36001057

CEIP do Hío

Cangas

Pontevedra

36007370

CEIP Feliciano Barrera

Ponteareas

Pontevedra

36008751

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Salvaterra do Miño

Pontevedra

36007199

CEIP Isidora Riestra

Poio

Pontevedra

36014738

CEIP de Leirado

Salvaterra do Miño

Pontevedra

36003959

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

A Guarda

Pontevedra

36005555

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

As Neves

Pontevedra

36010150

CEIP Mestres Goldar

Vigo

Pontevedra

36009998

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36003111

CEIP Nosa Señora das Dores

Forcarei

Pontevedra

36005087

CEIP Nosa Señora de Lourdes

Mondariz-Balneario

Pontevedra

36007497

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

Pontevedra

36015652

CEIP O Piñeiriño

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36010101

CEIP O Sello

Vigo

Pontevedra

36009962

CEIP Otero Pedrayo

Vigo

Pontevedra

36018410

CEIP Plurilingüe Quintela

Redondela

Pontevedra

36014817

CEIP Plurilingüe de Igrexa-Chapela

Redondela

Pontevedra

36000508

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Cambados

Pontevedra

36000326

CEIP Plurilingüe Montemogos

Bueu

Pontevedra

36014854

CEIP Plurilingüe de Oca

A Estrada

Pontevedra

36001033

CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo

Cangas

Pontevedra

36009135

CEIP Plurilingüe de Silleda

Silleda

Pontevedra

36016954

CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera

Ponteareas

Pontevedra

36015366

CEIP Plurilingüe O Pombal

Vigo

Pontevedra

36012584

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36006134

CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez

Pontevedra

Pontevedra

36009032

CEIP Ramón de Valenzuela

Silleda

Pontevedra

36010666

CEIP San Salvador

Vigo

Pontevedra

36015093

CEIP San Tomé

Cambados

Pontevedra

36010587

CEIP de Sárdoma-Moledo

Vigo

Pontevedra

36013552

CEIP Seara

Moaña

Pontevedra

36014672

CEIP Serra-Vincios

Gondomar

Pontevedra

36015810

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Vigo

Pontevedra

36013011

CEIP da Torre-Illa

A Illa de Arousa

Pontevedra

36010629

CEIP Vicente Risco

Vigo

Pontevedra

36006353

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

Pontevedra

36004101

CEIP Xesús Golmar

Lalín

Pontevedra

36007023

CEIP Xosé Fernández López

O Porriño

Pontevedra

36016051

CEIP Seis do Nadal

Vigo

Pontevedra

36010241

CEIP Illas Cíes

Vigo

Pontevedra

36015354

CEIP Plurilingüe da Carrasqueira

Vigo

Pontevedra

36015068

CEIP Balaído

Vigo

Pontevedra

36016103

CEIP de Corvillón

Cambados

Pontevedra

36015241

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

Pontevedra

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

Pontevedra

36008489

CEP Altamira

Salceda de Caselas

Pontevedra

36010711

CEP Dr. Fleming

Vigo

Pontevedra

36019611

CEP Marcos da Portela

Pontevedra

Pontevedra

36018631

CEP Xosé Neira Vilas

Gondomar

Pontevedra

36000879

CEP de Nazaret

Cangas

Pontevedra

36024161

CRA de Valga

Valga

Pontevedra

36024112

CRA Mestra Clara Torres

Tui

Pontevedra

36024045

CRA Mestre Manuel Garcés

Tomiño

Pontevedra

36015160

EEI As Dunas Panxón

Nigrán

Pontevedra

36016814

EEI do Con

Moaña

Pontevedra

36016796

EEI Verducedo

Moaña

Pontevedra

36005865

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Nigrán

Pontevedra

36000405

CPI Plurilingüe Alfonso VII

Caldas de Reis

Pontevedra

36001148

CPI da Cañiza

A Cañiza

Pontevedra

36013588

CPI do Toural

Vilaboa

Pontevedra

36018999

IES As Barxas

Moaña

Pontevedra

36013761

IES A Xunqueira I

Pontevedra

Pontevedra

36019751

IES Antón Alonso Ríos

Tomiño

Pontevedra

36019220

IES Auga da Laxe

Gondomar

Pontevedra

36012471

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015159

IES Chan do Monte

Marín

Pontevedra

36019323

IES Chano Piñeiro

Forcarei

Pontevedra

36019426

IES Coruxo

Vigo

Pontevedra

36020234

IES de Barro

Barro

Pontevedra

36019050

IES de Beade

Vigo

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

36024781

IES do Barral

Ponteareas

Pontevedra

36015184

IES Escolas Proval

Nigrán

Pontevedra

36024203

IES Faro das Lúas

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

Pontevedra

36002335

IES Manuel García Barros

A Estrada

Pontevedra

36000922

IES María Soliño

Cangas

Pontevedra

36007734

IES Mendiño

Redondela

Pontevedra

36020295

IES Mestre Landín

Marín

Pontevedra

36018501

IES Monte Carrasco

Cangas

Pontevedra

36019232

IES Monte da Vila

O Grove

Pontevedra

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

36016656

IES Pedro Floriani

Redondela

Pontevedra

36004745

IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

Pontevedra

36019657

IES Primeiro de Marzo

Baiona

Pontevedra

36011798

IES Alexandre Bóveda

Vigo

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

1

0,60

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Copia simple a do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro ao que se opta

b) Noutros centros

0,50

0,30

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento

3. Méritos académicos: máximo 1 punto. Baremación de oficio desta epígrafe agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Copia simple do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Copia simple do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Copia simple do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que estean en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Baremación de oficio deste mérito.

6. Servizo activo. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por estar en situación de servizo activo

2,00

7. Destino. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por ter destino definitivo no centro a que se concursa

2,00

8. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III

Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección
dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Declaración responsable.

A persoa solicitante ou representante DECLARA:

1. Que son certos todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada.

2. Que a documentación achegada é copia fiel dos orixinais que constan no seu poder.

3. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

4. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

…………………………………....., ... de………………... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….