Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16662

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar para ser executada durante os anos 2019 e 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución de 8 de marzo de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a prestación do servizo de reforzo do Centro Nacional de Información e Investigación Mariña de Namibia (NatMIRC) na súa función de contribuír ao proceso de toma de decisións na xestión de pesqueiras.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución por parte do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar de accións destinadas a mellorar a capacidade do Centro Nacional de Información e Investigación Mariña para levar a cabo investigación en temas mariños e avaliar o estado dos recursos pesqueiros en Namibia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 8 de marzo de 2019 ata o 30 de decembro de 2020.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1; código do proxecto 2016 00287.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar