Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16657

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019 pola que se publica a resolución do procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A través da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, convocouse o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir dentro do ámbito das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial, segundo o establecido na LORPM, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

O punto décimo cuarto do anexo I da dita resolución establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 22 de marzo de 2019, ditada no procedemento BS213B de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 22 de marzo de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do convenio coas entidades seleccionadas, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite de sinatura do convenio será o 1 de xuño de 2019.

Non caso de que o 15 de maio de 2019 a entidade seleccionada no procedemento selectivo non conte con permiso de inicio de actividades para o Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) ou non cumpra calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, ditarase resolución en que se declare decaída no seu dereito e se designará como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte entidade que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

«Resolución do 22 de marzo de 2019 ditada no procedemento BS213B polo que se seleccionan entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A través da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra convocouse o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a execución, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, das medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, ditadas polos xulgados de menores, e de tarefas e actividades de reparación extraxudiciais, segundo o establecido na LORPM, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, logo de requirimento de emenda da documentación, avaliadas as ditas solicitudes pola comisión de valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, en aplicación dos criterios de valoración e baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018, as entidades que a seguir se indican:

Procedemento selectivo

Nº expediente

Entidade

NIF

Calidade técnica da intervención

Características do Ciema. Equipamento e recursos técnicos

Medios persoais

Experiencia profesional

Importe cantidade xustificada

Total

Lugo

BS213B-2019-5

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

34,10

15,60

4,67

5

2,82

62,19

Ourense

BS213B-2019-3

Asociación Centro Trama

G80054760

19,47

13,40

9

5

20

66,87

Pontevedra

BS213B-2019-1

Asociación Arela

G36846152

25,10

16,60

0

5

20

66,70

Segundo. Non seleccionar para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo e Ourense as entidades seguintes, en aplicación dos criterios de valoración e baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018:

Procedemento selectivo

Nº expediente

Entidade

NIF

Calidade técnica da intervención

Características do Ciema. Equipamento e recursos técnicos

Medios persoais

Experiencia profesional

Importe cantidade xustificada

Total

Lugo

BS213B-2019-2

Fundación Camiña Social

G27381797

22,35

6

4,67

5

20

58,02

Ourense

BS213B-2019-4

Asociación Arela

G36846152

23,15

4,70

1

5

1,56

35,41

Terceiro. Asinar os convenios coas entidades seleccionadas con data límite do 1 de xuño de 2019. No caso de que o 15 de maio de 2019 a entidade seleccionada no procedemento selectivo non conte con permiso de inicio de actividades para o CIEMA ou non cumpra calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, ditarase resolución en que se declare decaída no seu dereito e se designe como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte entidade que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

Cuarto. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución é presunta, poderá interpoñerse en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no punto décimo cuarto da Resolución do 15 de xaneiro de 2019.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social».