Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica aos interesados o emprazamento para a súa comparecencia no procedemento ordinario 364/2018, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra a resolución relativa á concentración parcelaria de Romai (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a apertura do procedemento ordinario número 364/2018 pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como consecuencia do recurso contencioso-administrativo interposto por María Berta Vázquez Pérez, fronte resolución de recurso de alzada contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Romai (Portas-Pontevedra).

O que se lles notifica en canto interesados no procedemento e emprázanse a fin de que poidan comparecer, se así o consideran oportuno, perante a mencionada sala no prazo de nove (9) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Pontevedra, 11 de marzo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Trámite que se notifica

R-21

Jesús Mallo Pérez

Emprazamento

R-21

María del Carmen Paulos Roma

Emprazamento

R-21

Manuel Pombo Quintáns

Emprazamento

R-21

Ramón Ernesto Quintáns Goldar

Emprazamento

R-21

Eulogio Vázquez Baliñas

Emprazamento