Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente REQ.OU-22/2018-REP.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na Rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 12 de marzo de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: REQ.OU-22/2018-REP.

Persoa interesada: José Luis Limia Nogueiras.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento das repoboacións forestais.

Datos catastrais da parcela: Xunqueira de Ambía, parcela 520, polígono 502.