Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio de cancelación de oficio do convenio Padrón, do concello da Fonsagrada, Lugo (expediente 57/2018).

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto no artigo 44, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa territorial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 44, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 8 de marzo de 2019

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 57/2018.

Persoa interesada: Donino Fernández Fernández.

Acto notificado: acordo de inicio de cancelación de oficio do convenio.