Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16495

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2019 pola que se publica a resolución do procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade nos centros, previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense).

A través da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense), abriuse a convocatoria que inicia o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade, de conformidade coas bases establecidas no seu anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

No Diario Oficial de Galicia do 23 de xaneiro de 2018 publicouse unha corrección de erros da dita resolución.

O punto décimo cuarto do anexo I da dita resolución establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 21 de marzo de 2019, ditada no procedemento BS213A de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense), que se xunta coa presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 21 de marzo de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez que o órgano competente notifique a resolución, formalizarase o convenio coa entidade seleccionada o día 1 de abril de 2019, de acordo co modelo previsto no anexo IV da Resolución do 28 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

«Resolución do 21 de marzo de 2019 ditada no procedemento BS213A polo que se selecciona entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense).

A través da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense), convocouse o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na antedita Lei orgánica nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Unha vez que o órgano instrutor, examine as solicitudes, logo de requirimento de emenda da documentación, avaliadas as ditas solicitudes pola comisión de valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre, a entidade que a continuación se indica en aplicación dos criterios de valoración e baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018:

Nº de expte.

NIF

Entidade

Calidade da asistencia e intervención proposta

Medios persoais dispoñibles

Experiencia

profesional

Cantidade en concepto de compensación económica

Total

BS213A/2019-1

G73038457

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

46,80

5

5

9,999

66,799

Segundo. Non seleccionar a entidade seguinte en aplicación dos criterios de valoración e baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018:

Nº de expte.

NIF

Entidade

Calidade da asistencia e intervención proposta

Medios persoais dispoñibles

Experiencia

profesional

Cantidade en concepto de compensación económica

Total

BS213A/2019-2

G27381797

Fundación Camiña Social

28,75

6,75

5

20

60,50

Terceiro. Asinar o convenio coa entidade seleccionada o 1 de abril de 2019, de acordo co indicado no punto décimo sexto da dita resolución.

Cuarto. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no punto décimo cuarto da Resolución do 15 de xaneiro de 2019.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social».